Puigdemont liderará unha candidatura transversal do PDeCAT que tamén incluirá os ex-consellers cesados que queiran unirse.
Fálase
Antón Sánchez cre que a posición do PSOE con Catalunya é "indigna" por "estaren do lado da regresión fascista". O deputado lembra que o dereito de autodeterminación está no programa de En Mara e é un "fundamento esencial" no proxecto.
Polémica polo cartel da Xunta para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero do vindeiro 25 de novembro. Diferentes voces na oposición e no feminismo censuran o "paternalismo" da mensaxe e a "cousificación" das mulleres. En Marea xa pediu a súa retirada.
A asemblea da CUP decide presentarse ás eleccións do 21-D cunha candidatura ampla e "claramente rupturista, independentista e de esquerdas"
Os comuns de Ada Colau rachan o pacto co PSC en Barcelona polo seu apoio ao 155. Nunha axustada votación, o 55% dos militantes que participaron na consulta optaron por romper o acordo de goberno cos socialistas no Concello.
Máis do 60% dos españois aproba a aplicación do artigo 155 en Catalunya pero case o 70% dos cataláns rexéitano, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País.
Milleiros de médicos revelan que cobran de grandes farmacéuticas por ir a congresos. Cada facultativo percibiu de media 1.100 euros o pasado ano e increméntase o número de profesionais que dá o seu permiso para facer público o que perciben da industria. Cóntao Faro de Vigo.
Milleiros de persoas ateigan as rúas de Barcelona para esixir a liberación dos "presos políticos". A marcha está encabezada polos familiares de Cuixart, Sánchez e os ex-membros do Govern na cadea.
A Audiencia ordena seguir investigando o concurso das ambulancias do 061 tras desestimar o recurso do técnico investigado. Investígase un concurso de máis de 120 millóns por un posible amaño que favoreceu un ex-dirixente do PP.
Barcelona acolle este sábado unha manifestación pola "liberación dos presos políticos" e contra a aplicación do artigo 155 en Catalunya.