Os comuns de Ada Colau rachan o pacto co PSC en Barcelona polo seu apoio ao 155. Nunha axustada votación, o 55% dos militantes que participaron na consulta optaron por romper o acordo de goberno cos socialistas no Concello.
Fálase
Máis do 60% dos españois aproba a aplicación do artigo 155 en Catalunya pero case o 70% dos cataláns rexéitano, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País.
Milleiros de médicos revelan que cobran de grandes farmacéuticas por ir a congresos. Cada facultativo percibiu de media 1.100 euros o pasado ano e increméntase o número de profesionais que dá o seu permiso para facer público o que perciben da industria. Cóntao Faro de Vigo.
Milleiros de persoas ateigan as rúas de Barcelona para esixir a liberación dos "presos políticos". A marcha está encabezada polos familiares de Cuixart, Sánchez e os ex-membros do Govern na cadea.
A Audiencia ordena seguir investigando o concurso das ambulancias do 061 tras desestimar o recurso do técnico investigado. Investígase un concurso de máis de 120 millóns por un posible amaño que favoreceu un ex-dirixente do PP.
Barcelona acolle este sábado unha manifestación pola "liberación dos presos políticos" e contra a aplicación do artigo 155 en Catalunya.
Falece o actor estadounidense John Hillerman, que acadou gran popularidade en Galicia por encarnar ao mítico Higgins da serie Magnum, un dos emblemas dos primeiros anos da Televisión de Galicia. A canle pública lémbrao con este vídeo publicado polo seu falecemento.
O xuíz ordena a posta en liberdade de Carme Forcadell tras a constitución da fianza de 150.000 euros, achegada pola Assemblea Nacional Catalana, a entidade soberanista que encabezou antes de concorrer ás eleccións e ser presidenta do Parlament.
Oriol Junqueras publica un artigo en eldiario.es. O vicepresident cesado denuncia que queren quitarlles as súas "vidas, todo" e "sen demostrar nada de nada, sen xuízo".
Incautado en Colombia o botín corrupto de Ignacio González: 5,4 millóns de dólares. Os cartos serían produto de actividades supostamente delitivas co Canal Isabel II, segundo adianta a Cadena SER.