O xuíz ordena a posta en liberdade de Carme Forcadell tras a constitución da fianza de 150.000 euros, achegada pola Assemblea Nacional Catalana, a entidade soberanista que encabezou antes de concorrer ás eleccións e ser presidenta do Parlament.
Fálase
Oriol Junqueras publica un artigo en eldiario.es. O vicepresident cesado denuncia que queren quitarlles as súas "vidas, todo" e "sen demostrar nada de nada, sen xuízo".
Incautado en Colombia o botín corrupto de Ignacio González: 5,4 millóns de dólares. Os cartos serían produto de actividades supostamente delitivas co Canal Isabel II, segundo adianta a Cadena SER.
O xuíz pide prisión eludible con fianza de 150.000 euros para Forcadell, despois de que a Fiscalía demandase prisión incondicional para a expresidenta do Parlament e outros tres membros da Mesa da cámara
O Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal elixe como novo presidente a Alfredo García, alcalde do Barco e presidente da Fegamp. Substitúe ao Ricardo Río, rexedor de Braga. A nova vicepresidenta será Luisa Salgueiro, rexedora de Matosinhos.
A Fiscalía pide prisión incondicional para Carme Forcadell e outros tres membros da Mesa do Parlament catalán. Está a contalo eldiario.es
Forcadell acata no Supremo o 155 e di que a DUI foi só simbólica. Tanto a ex-presidenta como o resto da Mesa do Parlament din acatar "explicitamente" a aplicación dese artigo da Constitución.
Un fallo de seguridade obriga a desactivar a sinatura dixital dos DNI expedidos dende abril de 2015. Recólleo eldiario.es
Os membros da Mesa do Parlament chegan a declarar ao Supremo entre insultos. Están acusados dun delito de rebelión, sedición e malversación de fondos da Generalitat.
O Goberno central incumpriu nos tres últimos anos a regra de gasto pola que intervén Madrid. A Administración central saltouse en 2014, 2015 e 2016 a norma pola que agora estreita o cerco sobre o Concello de Manuel Carmena.