Un fallo de seguridade obriga a desactivar a sinatura dixital dos DNI expedidos dende abril de 2015. Recólleo eldiario.es

Un fallo de seguridade obriga a desactivar a sinatura dixital dos DNI expedidos dende abril de 2015. Recólleo eldiario.es
Os membros da Mesa do Parlament chegan a declarar ao Supremo entre insultos. Están acusados dun delito de rebelión, sedición e malversación de fondos da Generalitat.
O Goberno central incumpriu nos tres últimos anos a regra de gasto pola que intervén Madrid. A Administración central saltouse en 2014, 2015 e 2016 a norma pola que agora estreita o cerco sobre o Concello de Manuel Carmena.
O XXIII Premio San Clemente Rosalía-ABANCA vai para Xosé Monteagudo (por Todo canto fomos), Fernando Aramburu (Patria) e Ralf Rothmann (Morrer en primavera) nas categorías de lingua galega, castelá e estranxeira. O xurado estivo formado por alumnado de centros de Lugo, A Coruña, Pontevedra, Maceda e Compostela.
Morre mentres traballaba un operario das obras do AVE en Laza. O home tiña 35 anos e as primeiras hipóteses do falecemento apuntan a unha parada cardíaca, segundo recolle La Región. Os traballos da conexión ferroviaria de alta velocidade coa Meseta acumulaban xa 7 vítimas mortais.
O PSC asina un acordo electoral co partido fundado por antigos membros de Unió, Units Per Avançar. A Aliança pel seny i pel catalanisme implica a incorporación de membros desta formación ás listas socialistas para o 21D, entre eles a do ex-conseller Ramón Espadaler.
O aeroporto de Lavacolla denominarase oficialmente Rosalía de Castro en 2018. O Consorcio de Santiago, no que participan o Concello, a Xunta e o Goberno central, achegará 50.000 euros para o cambio de denominación.
O xefe policial da Gürtel afirma que Rajoy cobrou da caixa B do PP. O inspector xefe da UDEF denuncia presións "desestabilizadoras" contra os investigadores e fala da "corrupción total" na trama.
O independentismo non acudirá nunha lista única ao 21-D en Catalunya pero fará fronte común e os partidos compartirán parte do programa.
A folga xeral en Catalunya comeza con 30 estradas e as principais vías do tren de proximidade cortadas. O paro protesta polo encarceramento dos ex-membros do Govern e dos responsables de ANC e Òmnium.