O aeroporto de Lavacolla denominarase oficialmente Rosalía de Castro en 2018. O Consorcio de Santiago, no que participan o Concello, a Xunta e o Goberno central, achegará 50.000 euros para o cambio de denominación.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a02c06b21f68-4f2fffc3260c9-lavacolla.jpg)
O aeroporto de Lavacolla denominarase oficialmente Rosalía de Castro en 2018. O Consorcio de Santiago, no que participan o Concello, a Xunta e o Goberno central, achegará 50.000 euros para o cambio de denominación.
O xefe policial da Gürtel afirma que Rajoy cobrou da caixa B do PP. O inspector xefe da UDEF denuncia presións "desestabilizadoras" contra os investigadores e fala da "corrupción total" na trama.
O independentismo non acudirá nunha lista única ao 21-D en Catalunya pero fará fronte común e os partidos compartirán parte do programa.
A folga xeral en Catalunya comeza con 30 estradas e as principais vías do tren de proximidade cortadas. O paro protesta polo encarceramento dos ex-membros do Govern e dos responsables de ANC e Òmnium.
A intervención de Montoro en Madrid frea os investimentos previstos para obra pública. Facenda pide recortes para o vindeiro ano dun total de 608 millóns de euros.
O Ministerio de Facenda intervén as contas do Concello de Madrid. Tutelará cada semana as operacións financeiras da capital. "Pretenden que non poidamos realizar a nosa actividade normal", din desde a administración local.
O CIS mantén o PP en cabeza no Estado a catro puntos do PSOE, a dez de Podemos e as confluencias e cunha forte suba de Ciudadanos co proceso soberanista catalán como pano de fondo. Recolle os resultados eldiario.es
Comeza a declarar no xulgado o xefe de Renfe imputado polo accidente do Alvia en Angrois. Lanchares responderá ao xuíz e tamén á Fiscalía e mais ao seu avogado, segundo puido saber Praza.gal. Toda a información, hoxe en Praza Pública.
Puigdemont anuncia que levará o Estado aos tribunais internacionais e que España "volverá pasar vergoña". Asegúrao nunha entrevista desde Bruxelas para Catalunya Ràdio.
A xuíza Lamela intentou convencer a Bélxica de que o Govern era corrupto para conseguir a súa extradición exprés. Marcou o cadro "corrupción" na orde europea de detención como único delito que estaría recoñecido naquel país. Máis información, aquí.