Puigdemont anuncia que levará o Estado aos tribunais internacionais e que España "volverá pasar vergoña". Asegúrao nunha entrevista desde Bruxelas para Catalunya Ràdio.

Puigdemont anuncia que levará o Estado aos tribunais internacionais e que España "volverá pasar vergoña". Asegúrao nunha entrevista desde Bruxelas para Catalunya Ràdio.
A xuíza Lamela intentou convencer a Bélxica de que o Govern era corrupto para conseguir a súa extradición exprés. Marcou o cadro "corrupción" na orde europea de detención como único delito que estaría recoñecido naquel país. Máis información, aquí.
Siemens Gamesa, con plantas nas Somozas e Sigüeiro, perde 135 millóns e anuncia 6.000 despedimentos en tres anos. A compañía comunicoullo este luns á CNMV sen detallar onde se producirán pero anunciando un “fortalecemento da base de produción en África e Asia”.
A campaña En negro contra as violencias machistas chega ao Parlamento Europeo. Representantes de 16 concellos e mais das deputacións de Lugo e Pontevedra viaxaron este luns a Bruxelas para presentar a iniciativa que, dous anos despois do seu nacemento en Santiago, chegará neste 2017 a 72 municipios de todo o país no marco do Día contra a Violencia Machista.
Puigdemont: "Non se trata só de Catalunya; está en xogo a democracia". O líder catalán expón a súa visión do proceso político e xudicial nun artigo en The Guardian que recolle tamén eldiario.es
Albano Dante Fachin dimite e abandona Podem. O líder da formación morada en Catalunya carga con dureza contra Pablo Iglesias por facer "un decretazo" e racha o carné do partido diante da prensa.
O TSXG ratifica que o antigo goberno do PP en Verín deu licenza irregularmente á casa da ex-deputada do PP Carmen Pardo, tamén ex-secretaria de Turismo da Xunta e antiga edil no propio Concello. Cóntao La Región.
Retencións en Catalunya polos cortes de estradas contra o encarceramento de políticos. Cortáronse varias vías catalás en diferentes zonas.
A raíña Isabel II, Madonna, o xenro de Trump ou Xavier Trías, protagonistas dunha nova filtración en paraísos fiscais. Os Paradise Papers implican diferentes persoeiros de todo o mundo.
O fiscal superior de Galicia cre que "talvez" a vaga de incendios foi "coordinada" ou "planificada". Asegúrao nunha entrevista en Radio Galicia.