Albano Dante Fachin dimite e abandona Podem. O líder da formación morada en Catalunya carga con dureza contra Pablo Iglesias por facer "un decretazo" e racha o carné do partido diante da prensa.

Albano Dante Fachin dimite e abandona Podem. O líder da formación morada en Catalunya carga con dureza contra Pablo Iglesias por facer "un decretazo" e racha o carné do partido diante da prensa.
O TSXG ratifica que o antigo goberno do PP en Verín deu licenza irregularmente á casa da ex-deputada do PP Carmen Pardo, tamén ex-secretaria de Turismo da Xunta e antiga edil no propio Concello. Cóntao La Región.
Retencións en Catalunya polos cortes de estradas contra o encarceramento de políticos. Cortáronse varias vías catalás en diferentes zonas.
A raíña Isabel II, Madonna, o xenro de Trump ou Xavier Trías, protagonistas dunha nova filtración en paraísos fiscais. Os Paradise Papers implican diferentes persoeiros de todo o mundo.
O fiscal superior de Galicia cre que "talvez" a vaga de incendios foi "coordinada" ou "planificada". Asegúrao nunha entrevista en Radio Galicia.
O Celta vén de gañar 3-1 en Balaídos ao Athletic de Bilbao. Este sábado o Deportivo caeu en Riazor 0-1 ante o Atlético de Madrid. Na Segunda División, o Lugo perdeu ante o Oviedo 3-2. Na ACB, o Obradoiro gaña 60-62 en Murcia e consolídase na parte alta da clasificación. O Universitario de Ferrol de baloncesto feminino cae en Gernika 89-82.
Puigdemont e os seus ex-consellers que permanecían en Bruxelas preséntanse na comisaría, onde son retidos, antes de que a fiscalía pedise a súa detención. Máis información aquí.
A maioría dos asasinatos machistas están precedidos de denuncias de ameazas e control, non de agresións físicas graves. Así o revela un informe do poder xudicial do que dá conta eldiario.es a uns días da xornada internacional contra a violencia machista, que en Galicia tinguirá de negro milleiros de comercios.
Incendios, con Nuria Espert, gañadora do Premio do Público do XXVI Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo cunha puntuación de 4,86 sobre 5. En conxunto, o festival salienta que este ano foi o mellor valorado da última década, cunha nota de 4,27 sobre 5.
A Xunta borra da súa web de Transparencia os contratos a dedo con xornais cos que publicitou a súa visión dos incendios por 77.000 euros. Como fai con todos os contratos menores, o Goberno galego só os divulga unha semana e despois fainos inaccesibles.