Puigdemont e os seus ex-consellers que permanecían en Bruxelas preséntanse na comisaría, onde son retidos, antes de que a fiscalía pedise a súa detención. Máis información aquí.

Puigdemont e os seus ex-consellers que permanecían en Bruxelas preséntanse na comisaría, onde son retidos, antes de que a fiscalía pedise a súa detención. Máis información aquí.
A maioría dos asasinatos machistas están precedidos de denuncias de ameazas e control, non de agresións físicas graves. Así o revela un informe do poder xudicial do que dá conta eldiario.es a uns días da xornada internacional contra a violencia machista, que en Galicia tinguirá de negro milleiros de comercios.
Incendios, con Nuria Espert, gañadora do Premio do Público do XXVI Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo cunha puntuación de 4,86 sobre 5. En conxunto, o festival salienta que este ano foi o mellor valorado da última década, cunha nota de 4,27 sobre 5.
A Xunta borra da súa web de Transparencia os contratos a dedo con xornais cos que publicitou a súa visión dos incendios por 77.000 euros. Como fai con todos os contratos menores, o Goberno galego só os divulga unha semana e despois fainos inaccesibles.
O portavoz do PSdeG na Deputación de Lugo postúlase como secretario provincial. Álvaro Santos é de momento o único que deu o paso nesa provincia no proceso que agora se inicia. En Pontevedra, David Regades, concelleiro de confianza de Abel Caballero, ten de momento tres contendentes da órbita de Gonzalo Caballero: Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas; Agustín Fernández, portavoz municipal en Pontevedra; e Eduardo Reguera, concelleiro en Redondela.
A xuíza pide a detención inmediata de Puigdemont para que ingrese en prisión. Lamela pide tamén a detencion dos outros consellers que están en Bruxelas. Máis información aquí.
Puigdemont amósase disposto a ser candidato desde o estranxeiro nas vindeiras eleccións do 21D. O president cesado di que desexa comparecer ante os xuíces pero "ante a verdadeira xustiza (a de Bélxica), non ante a xustiza española", dixo nunha entrevista en RTBF.
A Audiencia Nacional rexeita deixar en liberdade a Jordi Sánchez e Jordi Cuixart. A Fiscalía mantén que deben seguir en prisión porque alentaron mobilizacións que non eran en absoluto pacíficas.
Inditex acepta retomar as negociacións coas traballadoras de Bershka en Pontevedra esta tarde. A dirección da multinacional convocou o comité a unha nova xuntanza desde as 16.30h tras fracasar as negociacións do pasado martes e nada máis chegar á nova mobilización de hoxe na súa sede de Arteixo.
A Policía detén o ex-comisario Villarejo por lavar diñeiro do crime internacional. A Fiscalía acúsao de formar parte dunha trama que branqueaba cartos, cobraba por introducir estranxeiros e por informes de intelixencia.