A Policía detén o ex-comisario Villarejo por lavar diñeiro do crime internacional. A Fiscalía acúsao de formar parte dunha trama que branqueaba cartos, cobraba por introducir estranxeiros e por informes de intelixencia.

A Policía detén o ex-comisario Villarejo por lavar diñeiro do crime internacional. A Fiscalía acúsao de formar parte dunha trama que branqueaba cartos, cobraba por introducir estranxeiros e por informes de intelixencia.
As traballadoras de Bershka volven manifestarse ante a sede de Inditex e suman xa nove días de folga na provincia de Pontevedra.
O xuíz imputa por inxurias o director de El Jueves por insinuar que policías consumiron cocaína en Catalunya.
O pleno de Barcelona esixe a "liberación dos presos políticos" e o "levantamento do 155". BEnComú, PDeCAT, ERC e CUP votan a favor da declaración á que se opuxeron PSC, PP e Ciudadanos.
Cortes en vías de tren e en estradas catalás en protesta contra o encarceramento dos membros do Govern.
A riqueza de Amancio Ortega -uns 70.000 millóns- triplica a suma das rendas de todos os habitantes de Galicia e equivale ao 120% do PIB galego, destaca La Opinión.
O paro rexistrado sobe 1.846 persoas en outubro en Galicia (ata as 185.903) e increméntase en 56.844 no conxunto de España (ata 3.467.026). As afiliacións á Seguridade Social tiveron un comportamento aínda máis negativo (‐2.356), mentres que no Estado a evolución foi positiva (94.368 traballadores/as máis)
Este venres pola tarde están convocadas nas sete cidades galegas concentracións de protesta polo envío a prisión dos políticos cataláns
Milleiros de persoas protestaron esta noite en Cataluña polo encarceramento dos 7 exconsellers. O soberanismo baralla a posibilidade de convocar unha nova folga xeral e apunta á convocatoria dunha gran manifestación para o 12 de novembro
Feijóo chama a "acatar" o encarceramento de Junqueras e os ex-consellers e "seguir traballando". Afirmouno en resposta á prensa nun acto na Coruña e recólleo Europa Press na súa web.