Feijóo chama a "acatar" o encarceramento de Junqueras e os ex-consellers e "seguir traballando". Afirmouno en resposta á prensa nun acto na Coruña e recólleo Europa Press na súa web.

Feijóo chama a "acatar" o encarceramento de Junqueras e os ex-consellers e "seguir traballando". Afirmouno en resposta á prensa nun acto na Coruña e recólleo Europa Press na súa web.
O lehendakari ve "absolutamente desproporcionado" o encarceramento de Junqueras e os ex-consellers. Urkullu considérao "a peor decisión que se podía tomar".
O popular programa de humor Polònia, de TV3, suspende a súa emisión deste xoves tras o encarceramento de Junqueras e os ex-consellers. "Hoxe non temos ganas de rir", din.
ÚLTIMA HORA | A xuíza envía á cadea a Junqueras e sete ex-consellers. Decreta prisión incondicional para todos eles. Santi Vila poderá evitala se paga unha fianza de 50.000 euros.
O Goberno galego di que a reforma de San Caetano por 7,3 millóns de euros suporá un aforro enerxético de 96.000 euros ao ano. Os traballos realizaranse en 2018, sen agardar a que estea rematada a ampliación do complexo sobre o que hoxe é a estación de autobuses, que se trasladará xunto a do tren. Varias consellerías xa viñeron realizando obras nos últimos anos.
ÚLTIMA HORA | O fiscal pide orde de busca e captura e de detención internacional para Puigdemont.
Un informe internacional asegura que o asasinato da líder ambientalista Berta Cáceres en marzo de 2016 foi ordenado pola empresa hondureña DESA, impulsora da central hidroeléctrica á que ela se opoñía. A execución tería sido realizada en colaboración con forzas de seguridade do Estado. "Co seu asasinato Berta Cáceres non morreu, multiplicouse", destacaban dous activistas hondureños en visita por Galicia o pasado ano
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro, en Foz. Este xacemento arqueolóxico Mariñao sufrira desperfectos hai cinco anos.
VÍDEO | A física e a química, tamén en galego! Alumnado do colexio Lestonnac de Ferrol reivindica o uso normal de termos científicos en lingua galega neste vídeo elaborado polo equipo de normalización lingüística do centro co gallo da semana da ciencia en galego.
A Fiscalía pide enviar ao cárcere sen fianza a Oriol Junqueras e 7 membros do Govern da Generalitat cesado por Rajoy. Está a contalo eldiario.es