O Goberno galego di que a reforma de San Caetano por 7,3 millóns de euros suporá un aforro enerxético de 96.000 euros ao ano. Os traballos realizaranse en 2018, sen agardar a que estea rematada a ampliación do complexo sobre o que hoxe é a estación de autobuses, que se trasladará xunto a do tren. Varias consellerías xa viñeron realizando obras nos últimos anos.
