ÚLTIMA HORA | O fiscal pide orde de busca e captura e de detención internacional para Puigdemont.

ÚLTIMA HORA | O fiscal pide orde de busca e captura e de detención internacional para Puigdemont.
Un informe internacional asegura que o asasinato da líder ambientalista Berta Cáceres en marzo de 2016 foi ordenado pola empresa hondureña DESA, impulsora da central hidroeléctrica á que ela se opoñía. A execución tería sido realizada en colaboración con forzas de seguridade do Estado. "Co seu asasinato Berta Cáceres non morreu, multiplicouse", destacaban dous activistas hondureños en visita por Galicia o pasado ano
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro, en Foz. Este xacemento arqueolóxico Mariñao sufrira desperfectos hai cinco anos.
VÍDEO | A física e a química, tamén en galego! Alumnado do colexio Lestonnac de Ferrol reivindica o uso normal de termos científicos en lingua galega neste vídeo elaborado polo equipo de normalización lingüística do centro co gallo da semana da ciencia en galego.
A Fiscalía pide enviar ao cárcere sen fianza a Oriol Junqueras e 7 membros do Govern da Generalitat cesado por Rajoy. Está a contalo eldiario.es
“Nunca mais”: A carta contra os incendios que nenos e nenas de seis anos de Fuenlabrada enviaron aos rapaces de Nigrán. O colexio Humberto Juanes recibe unha misiva que intenta animalos.
O Goberno central autoriza a Arsenio Fernández de Mesa, ex-director da Garda Civil, a incorporarse a unha empresa de armamento. O político ferrolán, moi próximo a Rajoy, recolocouse dous meses despois de deixar o Instituto Armado como conselleiro da semipública Red Eléctrica.
Varios membros do Govern catalán cesado por Rajoy declaran este xoves ante a Audiencia Nacional para responder pola querela da Fiscalía. Puigdemont confirmou que permanece en Bruxelas.
Localizada e filmada outra balea azul na costa galega. Entre o 10 de setembro e o 31 de outubro, en once días de mostra, foron avistadas 60 baleas entre Fisterra e as Cíes, cinco delas azuis, como se pode ver neste vídeo do BDRI
As temperaturas máximas medias en outubro nas cidades galegas foron entre 3 e 6 graos superiores ao habitual, destaca 4Gotas, que apunta que nos últimos anos se vén consolidando esta tendencia a ter outonos cálidos e secos. En outubro, de feito, choveu apenas entre o 8% e o 20% do que é normal para este mes. Os días de verán duplicáronse en Compostela dende 1950, segundo unha investigación da USC