Deteñen o administrador e o apoderado dunha empresa de Lalín por outra presunta fraude en cursos de formación. Recólleo Europa Press
Fálase
Montoro defende os Orzamentos do Estado para 2016 en clave electoral con duros ataques á oposición. eldiario.es está a informar sobre o debate das contas estatais, que hoxe culmina no Congreso dos Deputados. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O PP catalán propón excluír da sanidade primaria aos inmigrantes sen papeis. García Albiol recupera o seu discurso antiinmigración e defende que as persoas en situación irregular só poidan acceder a urxencias.
Entra na cadea a avoa canaria que se negou a derrubar a súa casa para non deixar sen teito aos netos. Veciños e o goberno autonómico maniféstanse para pedir o seu indulto (#JusticiaparaJosefa).
Case 60.000 galegos pasan os seus aforros a fondos de investimento. O patrimonio en instrumentos financeiros crece até os 7.067 millóns ante a baixa rendibilidade dos depósitos tradicionais.
O Goberno central rectifica e reabre a anchoa no Cantábrico. Confirma que quedan por consumir polo menos 2.000 toneladas.
Prolingua lamenta que a Feira do Moble da Estrada se anuncie só en castelán, empregue toponimia deturpada no seu dossier promocional e faga promoción co que o colectivo considera un cartel "sexista". Así o reflicten na súa web
A gran caída da bolsa chinesa provoca o devalo nos mercados bursátiles de todo o mundo. Está a contalo eldiario.es
Emilio José publica un novo traballo musical seis anos despois do seu Chorando apréndese. Pódese escoitar nesta ligazón
O porto exterior da Coruña segue sen conexións 10 anos despois. Cóntao El País nunha reportaxe na que analiza os diversos problemas do faraónico proxecto, impulsado por Aznar, Fraga e Paco Vázquez tras o desastre do Prestige.