Podemos ofrécelle ao PSOE candidaturas conxuntas ao Senado para, din, evitar que o PP "bloquee un goberno de cambio". "Non, grazas", retrucou o candidato socialista, Pedro Sánchez.
Fálase
AO VIVO A futbolista Vero Boquete participa arestora no especial de Carne Cruda sobre a invisibilización do deporte feminino. Ao vivo, nesta ligazón
Un home acoitela catro persoas en Múnic ao berro de "Alá é grande". Un dos feridos tería falecido e outros tres están graves, segundo varios medios.
En Comú Podem asume que non pode garantir ter grupo propio e que a decisión será política. Descarta concorrer como partido ou agrupación de electores e insiste no seu carácter catalán.
A troika estudará por primeira vez a reestruturación da débeda grega. Atenas consegue seis anos despois unha primeira mención á revisión pero sen compromiso ningún.
Sacan á luz todos os nomes dos papeis de Panamá. O Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ) publica a base de datos coas 214.000 sociedades, fundacións e fondos que aparecen na filtración.
A Audiencia da Coruña rexeita que sete investidores recuperen 20 millóns de NCG. Desestima o recurso presentado por Coren ou Estrella Galicia, entre outros.
O grande incendio de Fandicosta destrúe tres frigoríficos e unha planta de conxelados. 110 persoas foron desaloxadas, así como as casas máis achegadas. Un curtocircuíto sería a causa das lapas.
A suma de Podemos-IU e PSOE colócase a un paso da maioria absoluta, segundo unha enquisa para eldiario.es. A coalición de esquerda superaría en votos o Partido Socialista.
VÍDEO Podemos e IU pechan o acordo para ir en coalición ás xerais. O pacto, que este serán presentarán Pablo Iglesias e Alberto Garzón, contempla a continuidade de En Marea, que celebra a súa asemblea o vindeiro domingo tras semanas de tensión.