A troika estudará por primeira vez a reestruturación da débeda grega. Atenas consegue seis anos despois unha primeira mención á revisión pero sen compromiso ningún.
Fálase
Sacan á luz todos os nomes dos papeis de Panamá. O Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación (ICIJ) publica a base de datos coas 214.000 sociedades, fundacións e fondos que aparecen na filtración.
A Audiencia da Coruña rexeita que sete investidores recuperen 20 millóns de NCG. Desestima o recurso presentado por Coren ou Estrella Galicia, entre outros.
O grande incendio de Fandicosta destrúe tres frigoríficos e unha planta de conxelados. 110 persoas foron desaloxadas, así como as casas máis achegadas. Un curtocircuíto sería a causa das lapas.
A suma de Podemos-IU e PSOE colócase a un paso da maioria absoluta, segundo unha enquisa para eldiario.es. A coalición de esquerda superaría en votos o Partido Socialista.
VÍDEO Podemos e IU pechan o acordo para ir en coalición ás xerais. O pacto, que este serán presentarán Pablo Iglesias e Alberto Garzón, contempla a continuidade de En Marea, que celebra a súa asemblea o vindeiro domingo tras semanas de tensión.
Un incendio arrasa a nave de Fandicosta, en Moaña, e provoca dificultades para circular pola ponte de Rande e a súa contorna. Está a contalo Faro de Vigo (Imaxe da Policía Local de Moaña).
O PSOE denunciará na Xunta Electoral o vídeo preelectoral gravado na Moncloa por Rajoy. Nel o presidente en funcións e líder do PP alerta dunha "alternativa extremista" que "se asoma como un disolvente de todo lo bueno".
O pleno da Coruña apoia solicitar ao Estado que recoñeza as federacións deportivas galegas en competicións internacionais. A moción do BNG contou co apoio da Marea Atlántica, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP.
O presidente interino do Congreso de Brasil anula o impeachment contra Dilma Rousseff. Waldir Maranhão sinala a votación estaba fóra dos límites da denuncia que revisaban, ademais doutros defectos de forma que obrigan a repetir as votacións na Cámara. Eduardo Cunha, o principal impulsor do proceso de destitución, fora suspendido por denuncias de corrupción e tivera que abandonar a presidencia do Congreso