O pleno da Coruña apoia solicitar ao Estado que recoñeza as federacións deportivas galegas en competicións internacionais. A moción do BNG contou co apoio da Marea Atlántica, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP.
Fálase
O presidente interino do Congreso de Brasil anula o impeachment contra Dilma Rousseff. Waldir Maranhão sinala a votación estaba fóra dos límites da denuncia que revisaban, ademais doutros defectos de forma que obrigan a repetir as votacións na Cámara. Eduardo Cunha, o principal impulsor do proceso de destitución, fora suspendido por denuncias de corrupción e tivera que abandonar a presidencia do Congreso
Xóvenes Agricultores solicita o concurso de acredores tras acumular débedas por 1,5 millóns de euros, segundo informa El Progreso.
O PP faise coa alcaldía de Pontecesures, ata agora do BNG, grazas a unha moción de censura, a primeira dende que Alfonso Rueda dirixe o PP de Pontevedra. O novo alcalde, Juan Manuel Seage, tomou posesión entre apupos e co apoio de Terra Galega e mais dun grupo independente.
Rajoy lanza a súa campaña cun vídeo no que alerta da "alternativa extremista". Presume dende La Moncloa de que o PP aposta pola "concordia" e unha "España moderada".
González Formoso non se presentará ás primarias do PSdeG. O presidente da Deputación da Coruña veno de confirmar nunha entrevista en RadioVoz.
O Real Madrid prohibe a un futbolista responder en catalán a unha pregunta. Kiko Casilla non puido responder a unha cuestión dun medio catalán tras o partido de onte contra o Valencia.
Un equipo da Universidade de Vigo reconstrúe como eran as Cíes hai 3.000 anos. A Lagoa dos Nenos era unha marisma con dunas cando o nivel do mar era moito máis baixo que hoxe.
Noite de protestas en Grecia logo dunha nova vaga de recortes. O número de manifestantes cae nunha nova mobilización contra a austeridade. O Parlamento aproba recortes en pensións e aumentos en impostos directos e indirectos.
Felipe González apoiou cun vídeo o 'broker' iraní dos papeis de Panamá. O ex presidente gravou unha peza na que defendía a Massoud Zandi ante investidores e dirixentes internacionais.