Ruth Toledano, a colaboradora de ElDiario.es agredida por un dos participantes na festa do Toro de la Vega, relata nunha entrevista o sucedido e asegura que "a fin da barbarie está cerca"
Fálase
PP, PSOE e UPyD votan en contra de convocar un referendo consultivo sobre a república. A Esquerda Plural, Amaiur, PNV, ERC e BNG votaron a favor e CiU abstívose.
Pedro Puy responsabiliza os medios da degradación do Parlamento. O voceiro do PP equipara a responsabilidade dos parlamentarios co da prensa.
AGE exixe a paralización da mina de Cosmos en Triacastela "por incumprir a lei". Fíxoo na comisión parlamentaria de industria e comercio, onde denunciou as múltiples irregularidades que comete a actividade mineira desta firma.
A Coruña acolle dende hoxe e até o domingo o festival Marea Alta, que aúna a cultura coa divulgación do coidado do medio ambiente, a investigación e o activismo, e que se centra na protección dos océanos.
O Tribunal Supremo vén de admitir a trámite o recurso de casación interposto polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol contra o auto do TSXG que denegaba a nulidade da nova modificación do PXOM de Mugardos que amparou a planta de Reganosa.
A Garda Civil retén 30 persoas que protestaban na inauguración do curso no colexio Ben Cho Sei de Pereiro de Aguiar, a onde acoden os resis de España, segundo informa a CIG. Máis información, esta mañá en Praza.
Margallo admite que podería suspender a autonomía de Cataluña para evitar a consulta. O ministro de Asuntos Exteriores advirte de que o Estado utilizará "todos os medios ao seu alcance para que non se celebre o referendo".
Este martes a partir das 11 da mañá celébrase en Tordesillas unha nova edición da tradición do Toro de la Vega. O pasado sábado milleiros de persoas manifestáronse en Madrid contra esta práctica.
El Periódico e La Vanguardia dan por feito o adianto electoral, despois de que Artur Mas sinalase que só se convocará o referendo do 9-N se hai "plenas garantías democráticas"