A Feira Ecolóxica de Arzúa pechou esta tarde a súa novena edición con "éxito" segundo os seus organizadores. “O ecolóxico está de actualidade e Arzúa estivo á altura”, a coordinadora do evento, Txeli Vicente.
A Feira Ecolóxica de Arzúa pechou esta tarde a súa novena edición con "éxito" segundo os seus organizadores. “O ecolóxico está de actualidade e Arzúa estivo á altura”, a coordinadora do evento, Txeli Vicente.
O Celta empata en Balaídos ante o Mallorca. Hemed adiantou os visitantes no primeiro tempo e Park Chu-Young empatou para os celestes no minuto 56. O Celta queda con 11 puntos.
Bos resultados dos equipos galegos na 2ªB. O Ourense gañoulle 3-1 ao Marino. E o Coruxo empatou no campo do Getafe B 2-2
Milleiros de traballadores do sistema sanitario maniféstanse en Madrid contra os recortes na chamada "marea branca".
Estase a desenvolver a XII Asemblea Nacional de Galiza Nova, que elixirá un novo ou nova secretaria xeral, pois Iria Aboi, que ocupa o cargo dende 2007, non se presenta á reelección. Pecharase ás oito da tarde coa intervención do voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez. Imaxe via @daniel.abade
Pedro Puy afirma nunha entrevista na Cadena Ser que vería con bos ollos que o goberno da Xunta se dotase dunha vicepresidencia, pero salienta que é "unha decisión que lle compete" a Núñez Feijoo.
Desastre deportivista en Riazor. Caeu 0-2 ante o Levante, Riki fallou un penalti, Aranzubia foi expusado e Álex Bergantiños xogou os últimos 20 minutos como porteiro. O Dépor ocupa postos de descenso.
O Apóstolo gaña o premio á mellor longametraxe no 11 Festival de Cine Español de Marsella
O BNG vén de presentar unha pregunta no Congreso respecto da retirada da axuda económica do Ministerio de Cultura que até agora viña recibindo o Festival de Cans.
Público analiza evolucion que seguiron algunhas das empresas que se enriqueceron coa construción do Valle de los Caidos: a Banca March, Huarte, Banús ou Agromán, e que continúan hoxe estando entre os principais poderes do Estado.