Persoas afectadas polo virus da sida expresan no día mundial contra a enfermidade o seu temor aos recortes sanitarios. En El Diario.
Fálase
O líder de Esquerra Republicana, Oriol Junqueras, ve "probable" acadar un pacto de gobernabilidade con CiU cunha duración de dous anos. En Vilaweb.
            O Breogán vénse de impoñer ao Basquet Coruña no pavillón de Riazor por 69-71. Onte, o Club Ourense Baloncesto gañoulle ao Lucentum Alicante por 76-72. Na imaxe, foto de familia dos planteis dos equipos lugués e coruñés, no derbi desta tarde.
            O Club Deportivo Lugo cae ante o Barça B no Anxo Carro por 1-2
Guillerme Vázquez reivindica dende o Culturgal un maior apoio da Xunta á cultura galega. O portavoz nacional do BNG fotografouse nun dos postos que máis éxito están a ter nesta edición da feira das industrias culturais do país, Gústame o galego
            Todos os actos que se están a celebrar no salón do @Culturgal pódense seguir en streaming a través da súa web, nesta ligazón
Stop Desafiuzamentos convoca unha protesta para o vindeiro martes en Compostela
Izquierda Unida vaise querelar contra a delegada do Goberno central en Madrid por "criminalizar" as persoas que se manifestaron ante o Congreso dos Deputados o 27 de outubro. En El Diario.
Soa o himno galego no acto de toma de posesión de Feijóo. Interprétao a cantante Rosa Cedrón co acompañamento dunha soa gaita.
No acto de toma de posesión, ademais de Sáenz de Santamaría, acompañan a Feijóo a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente de Baleares, José Ramón Bauzá, e a dona de Mariano Rajoy, Elvira Fernández.