Stop Desafiuzamentos convoca unha protesta para o vindeiro martes en Compostela
Fálase
Izquierda Unida vaise querelar contra a delegada do Goberno central en Madrid por "criminalizar" as persoas que se manifestaron ante o Congreso dos Deputados o 27 de outubro. En El Diario.
Soa o himno galego no acto de toma de posesión de Feijóo. Interprétao a cantante Rosa Cedrón co acompañamento dunha soa gaita.
No acto de toma de posesión, ademais de Sáenz de Santamaría, acompañan a Feijóo a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente de Baleares, José Ramón Bauzá, e a dona de Mariano Rajoy, Elvira Fernández.
Feijóo remítese á Constitución de Cádiz e asegura facer súa a "forza de todos os galegos" para "saír adiante xuntos" co resto do Estado, "onde queremos estar e onde seguiremos estando". "Galicia é máis forte porque é española e europea", abonda.
Soraya Sáenz de Santamaría gaba a "transparencia" do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, un político "integramente galego" que, na súa opinión, é "un dos mellores representantes da Galicia moderna". Ao interior do Parlamento chega o son da protesta dos afectados polos preferentes.
Feijóo vén de prometer o seu cargo como presidente da Xunta ante a presidenta do Parlamento e a vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría.
            - Afectados polas preferentes concéntranse ante o Parlamento, onde está a piques de comezar a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo
             A Comisión Europea evidencia a súa satisfacción pola non revalorización das pensións en relación ao IPC. En El Diario.
A práctica totalidade da prensa impresa estatal abre as súas edicións deste sábado coa decisión do Goberno central de non revalorizar as pensións en función do IPC. Só algunha cabeceira ideoloxicamente próxima ao PP interpreta que os subsidios de xubilación están a "subir".