
Fálase
- Afectados polas preferentes concéntranse ante o Parlamento, onde está a piques de comezar a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo
A Comisión Europea evidencia a súa satisfacción pola non revalorización das pensións en relación ao IPC. En El Diario.
A práctica totalidade da prensa impresa estatal abre as súas edicións deste sábado coa decisión do Goberno central de non revalorizar as pensións en función do IPC. Só algunha cabeceira ideoloxicamente próxima ao PP interpreta que os subsidios de xubilación están a "subir".
Esta mañá Alberto Núñez Feijóo toma posesión como presidente da Xunta por segunda vez. Farao nun acto no Parlamento ao que non asiste Mariano Rajoy, pero si outros líderes estatais do PP, como Soraya Sáenz de Santamaría, Ana Pastor ou Javier Arenas.
O control aéreo do aeroporto de Vigo está privatizado dende onte. Cóntao Faro de Vigo.
Emilio Pérez Touriño cualifica o funcionamento interno do PSdeG de "endogámico e clientelar". "Convertémonos en máquinas de xestionar o poder", di o ex presidente da Xunta nunha entrevista en El País.
Heredeiros da Crus lanzarán novo disco con temas inéditos en 2013. Véñeno de confirmar no Culturgal, onde ofreceron un miniconcerto acústico que congregou a máis de 200 persoas.
Hoteles Husa cancela a homenaxe a Franco que se ía celebrar nun dos seus locais. En El Diario.
O MoMa de Nova York merca catorce videoxogos, entre eles os míticos Tetris e Pac-Man, co obxectivo de expoñelos e comezar a preguntarse se estas creacións son tamén arte. Podedes consultar a selección completa na web do museo.
A portavoz de EH Bildu, Laura Mintegi, presentará a súa candidatura a lehendakari no pleno de investidura, que se celebrará o vindeiro 12 de decembro. Busca que se vexa que existe "una alternativa de esquerdas" aos plantexamentos do PNV.