A portavoz de EH Bildu, Laura Mintegi, presentará a súa candidatura a lehendakari no pleno de investidura, que se celebrará o vindeiro 12 de decembro. Busca que se vexa que existe "una alternativa de esquerdas" aos plantexamentos do PNV.

A portavoz de EH Bildu, Laura Mintegi, presentará a súa candidatura a lehendakari no pleno de investidura, que se celebrará o vindeiro 12 de decembro. Busca que se vexa que existe "una alternativa de esquerdas" aos plantexamentos do PNV.
Obama 'ficha' o conselleiro vasco de Sanidade (PSOE) para aplicar a súa reforma neste sector. Rafael Bengoa xa traballara para Bill Clinton. En El País.
Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, e o deputado Antón Sánchez manterán un encontro esta tarde co mariscador ferrolán que se atopa en folga de fame para reclamarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar a devolución dos 25 aparellos de pesca que lle foron requisados.
O Ministerio de Defensa gasta 24,5 millóns de euros en adquirir dous helicópteros de segunda man procedentes da Armada dos Estados Unidos. Aprobouno hoxe o Consello de Ministros.
Xa está en marcha o Culturgal, que viviu esta mañá a súa inauguración a cargo de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura en funcións; e Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal.
Convocan para o vindeiro martes unha concentración contra os desafiuzamentos diante da oficina central do Banco Santander en Santiago. Stopdesahucios acusa a entidade de "acosar dúas veciñas de Pontecesures, en diferentes momentos do proceso de execución hipotecaria, así coma a unha familia de Brión que xa perdeu a vivenda e á que se lle reclama a totalidade da débeda hipotecaria".
O Goberno non lles aplicará ás pensións a suba do IPC, que a pesar da contención de novembro creceu un 2,9% en 2012. En Galicia a pensión media deberia subir uns 13,3 euros por mes. As pensións inferiores a mil euros aumentarán nun 2%, o resto nun 1%. O Goberno de Rajoy incumpre unha nova promesa do programa co que gañou as eleccións do pasado ano.
Nuns minutos comezará o xuizo contra Carlos Callón por reprocharlle a un xuíz o uso da "ilegalidade" do topónimo La Coruña. O presidente da Mesa di no seu blog que estamos ante "un xuízo kafkiano".
O Festival do Norte ameaza con abandonar Vilagarcía se o Concello lle retira o apoio. O Concello vén de retirarlle todas as subvencións directas, despois de que xa o pasado ano as reducise de 146.000 a 64.000 euros. O concelleiro de Cultura, Francisco González, di que a intencion é coñecer polo miúdo os proxectos da organización do evento antes de consignar unha contía.
As débedas dos estudantes universitarios nos Estados Unidos achégase ao billón de dólares e crece un 300% na última década. Esta débeda está xerada polos préstamos que pediron para poder pagar as súas carreiras e agrávase porque case un 40% dos universitarios norteamericanos egresados nos últimos anos conseguiron traballos para os que non era preciso ningún tipo de formación academica.