Emilio Pérez Touriño cualifica o funcionamento interno do PSdeG de "endogámico e clientelar". "Convertémonos en máquinas de xestionar o poder", di o ex presidente da Xunta nunha entrevista en El País.

Emilio Pérez Touriño cualifica o funcionamento interno do PSdeG de "endogámico e clientelar". "Convertémonos en máquinas de xestionar o poder", di o ex presidente da Xunta nunha entrevista en El País.
Heredeiros da Crus lanzarán novo disco con temas inéditos en 2013. Véñeno de confirmar no Culturgal, onde ofreceron un miniconcerto acústico que congregou a máis de 200 persoas.
Hoteles Husa cancela a homenaxe a Franco que se ía celebrar nun dos seus locais. En El Diario.
O MoMa de Nova York merca catorce videoxogos, entre eles os míticos Tetris e Pac-Man, co obxectivo de expoñelos e comezar a preguntarse se estas creacións son tamén arte. Podedes consultar a selección completa na web do museo.
A portavoz de EH Bildu, Laura Mintegi, presentará a súa candidatura a lehendakari no pleno de investidura, que se celebrará o vindeiro 12 de decembro. Busca que se vexa que existe "una alternativa de esquerdas" aos plantexamentos do PNV.
Obama 'ficha' o conselleiro vasco de Sanidade (PSOE) para aplicar a súa reforma neste sector. Rafael Bengoa xa traballara para Bill Clinton. En El País.
Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, e o deputado Antón Sánchez manterán un encontro esta tarde co mariscador ferrolán que se atopa en folga de fame para reclamarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar a devolución dos 25 aparellos de pesca que lle foron requisados.
O Ministerio de Defensa gasta 24,5 millóns de euros en adquirir dous helicópteros de segunda man procedentes da Armada dos Estados Unidos. Aprobouno hoxe o Consello de Ministros.
Xa está en marcha o Culturgal, que viviu esta mañá a súa inauguración a cargo de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura en funcións; e Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal.
Convocan para o vindeiro martes unha concentración contra os desafiuzamentos diante da oficina central do Banco Santander en Santiago. Stopdesahucios acusa a entidade de "acosar dúas veciñas de Pontecesures, en diferentes momentos do proceso de execución hipotecaria, así coma a unha familia de Brión que xa perdeu a vivenda e á que se lle reclama a totalidade da débeda hipotecaria".