O PSdeG propón que Galicia asuma capacidade normativa plena sobre os seus tributos. A responsable de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, levará esta reivindicación á Convención sobre Economía e Emprego que celebrará o PSOE este sábado en Valencia
Fálase
O PSOE quita a alcaldía de Ponferrada ao PP co apoio dun condenado por acoso. A moción de censura sae adiante na localidade berciana.
Os sindicatos de Novagalicia Banco impugnan o ERE. Alegan que é "fraudulento" porque está xustificado "en causas económicas falsas".
Querela en Arxentina contra varios cargos do franquismo, entre eles Rodolfo Martín Villa. A rede cidadá contra o franquismo pedirá a imputación de ex ministros e xuíces da ditadura.
Vigo coordinará a rede de campus mariños españois durante os dous primeiros anos de andaina de CEI.MarNet, que agrupa máis de 10.000 investigadores de 12 universidades.
Gómez Besteiro non desbota unha lista de consenso con Pachi Vázquez, ao que "estaría disposto a integrar" para as primarias no PSdeG. Veno de asegurar nunha entrevista na Radio Galega.
Como afectará ao prezo do petróleo a morte de Chávez? Expansión analiza as consecuencias do falecemento do presidente do país coas maiores reservas de cru coñecidas.
“As mulleres son as grandes desfavorecidas do mercado laboral”, salienta Inma López Silva, secretaria nacional de igualdade de CxG.
Segundo La Voz de Galicia o Consello de Ministros podería aprobar este venres unha fórmula, a través do Fondo de Garantía de Depósitos, para compensar parte dos aforros perdidos polos afectados polas preferentes.
Continúan en Ferrol os traballos para tentar localizar o pecio de La Ragazzona, o maior barco da Armada Invencible