Comproba aquí os teus números da lotaría do Nadal

Celebración nunha administración do Grove onde caeu o terceiro premio © Martín González

Dende pouco antes das nove e cuarto da mañá está en marcha o popular sorteo da Lotaría do Nadal. O premio gordo foi temperán e correspondeu ao 26590, pero aínda quedaban moitos premios por saír. 

En Galicia, houbo que agardar ao último premio do sorteo para que dúas vilas, Cuntis e Moraña, fosen as máis afortunadas, con cinco millóns de euros repartidos nos dous concellos grazas ao 49797. En Vigo e A Fonsagrada foi o segundo premio, o 10989, o que repartiu tamén a sorte, mentres uqe na Coruña esta chegou cos 1,5 millóns repartidos co 06293. 

Ademais, no Porriño, Vilalba, Santiago e O Grove houbo tamén varios premiados, aínda que en Galicia tan só quedaron 12 dos case 2.400 millóns que se repartiron no sorteo de Nadal. Podes comprobar aquí se os teus boletos foron premiados:

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.