A programación do festival dirixido por Touriñán inclúe narrativa oral tradicional, humor, monólogos ou música durante toda a semana
Semana grande na parroquia do Castelo, en Culleredo, grazas ao festival O Castelo Conta. O que noutrora foran as festas patronais desta parroquia da contorna coruñesa son hoxe en día xornadas de divertimento para todos os públicos nas que a palabra contada e cantada é a protagonista.
Trátase da oitava edición deste festival que se celebra na parroquia natal do humorista e actor Xosé Antonio Touriñan e que conta coa participación e colaboración moi activa dos veciños do lugar, que facilitan os espazos, organizan os xantares ou limpan os camiños para poder desenvolver o certame.
Ás cinco da tarde deste xoves está previsto que comecen os Contos do Castelo, desta vez con David Amor como condutor, e a Galicia Máxica como escusa para que os veciños conten historias de remedios caseiros, lendas de casas encantandas e moito máis. Estas conversas serán gravadas e difundidas nun podcast ao finalizar o festival para que queden rexistradas e accesibles para todo o público.
Pola noite, ás 22.30 horas, sairá a escena Xosé A. Touriñán e David Perdomo, con ‘Corentena’, un espectáculo humorístico no que rememoran ás conversas mantidas durante o confinamento da primavera do 2020 a través de Instagram.
A fin de festa para este xoves correrá a cargo da Familia Caamagno, que promete facer bailar a todo o mundo, “áínda que non queiran”, nun concerto gratuito a partir das 23.30 horas.
O venres pola mañá concluirán os obradoiros da Xente Miúda e da actriz e directora Noemí Rodríguez, ‘Fai o teu’, que comezaran xa o luns. Nesta proposta a artista ofrece un curso de creacion no que achegar as claves para poder levar as ideas aos escenarios.
Na tarde do venres os xornalistas Arturo Lezcano e Nacho Carretero conducirán a última sesión dos Contos do Castelo. Nesta ocasión os veciños contarán historias da emigración. Tamén Natalia Monje, da ONG Ecos do Sur, participará nestas conversas nas que achegará experiencias de persoas emigrantes que pasaron pola asociación. E mesmo Xoel López prevé sumarse aos Contos cunha pequena actuación.
O Combo Viramundo é a proposta de Xoel López xunto con Fernando Lamas, Adrián Seijas, Luis Soler e Amanda Pinos, na que ofrecen versións de temas de todos os estilos, dende Juan Luis Guerra a The Smiths
A continuación, a noite do venres promete ser unha gran festa co Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá desde as 22.00 horas.
O Combo Viramundo é a proposta de Xoel López xunto con Fernando Lamas, Adrián Seijas, Luis Soler e Amanda Pinos, na que ofrecen versións de temas de todos os estilos, dende Juan Luis Guerra a The Smiths.
Canda o Combo Viramundo chegará o barcelonés Jairo Perera, máis coñecido como Muchachito. Coa súa proposta en formato ‘one mand band’ que se move entre a rumba, o funk e o swing.
A noite pechará con Lamatumbá, que fai parada no Castelo Conta na súa volta aos escenarios para facer bailar e cantar a todo o público.
O sábado chega o día grande do festival, que inclúe un xantar popular amenizado por DJ Mínimo. Pola tarde, gaiteiros e charanga acompañarán a andaina ao Monte Xalo, rematando o percorrido no Petón, cunha merenda e a actuación de Abraham Cupeiro. O artista invitará a viaxar no tempo e no espazo a través da súa música e os seus instrumentos ancestrais.
Noite de monólogos
Tanto os espectáculos da noite de monólogos coma ‘Corentena’ serán accesibles para persoas xordas grazas á colaboración coa FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)
Miguel Lamas Quartet serán os encargados de abrir a noite do sábado a partir das 22.00 horas e a continuación a polideportiva acollerá a tradicional noite de monólogos conducida por Xosé A. Touriñán. Os convidados nesta ocasión son Pepo Suevos, Rober Bodegas, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, Javier Veiga, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Federico Pérez e David Perdomo.
A oitava edición do Castelo Conta rematará o domingo 27 de agosto cunha Alborada dos gaiteiros do lugar que irán espertando aos veciños coa súa música paImaxe close delete_forever swap_vert ra que acodan ao campo da festa. Alí haberá unha sesión vermú a cargo do cuarteto de música latina Son Boleros, que tamén amenizarán o xantar popular a partir das 15.30 horas.