Deleite vai de festival a Lugo, "capital do sector lácteo galego"
A marca emblema do grupo Leite Noso, impulsada por gandeiros, presenta a segunda edición do seu festival, o vindeiro día 23 na contorna do lucense Pazo de Feiras e Exposicións
A marca emblema do grupo Leite Noso, impulsada por gandeiros, presenta a segunda edición do seu festival, o vindeiro día 23 na contorna do lucense Pazo de Feiras e Exposicións
Davide Salvado, Os Melidaos, Cúig ou Quique Escamilla forman do menú musical da trixésimo oitava edición do festival, esta primeira fin de semana de agosto. Os concertos combínanse coa mostra de instrumentos e actividades como os concursos infantís de debuxo e literatura
O Revenidas 2017 achega unha trintena de bandas a Vilaxoán do 18 ao 20 de agosto e incrementa desta volta a súa oferta gastronómica e de actividades paralelas
Compostela volverá ser o epicentro festivo do país durante o 24 e o2 5 de xullo, mesturando celebración, música e reivindicación
O festival que abre as festas compostelás apóiase no éxito do Womex para reivindicar a cidade como "terra de acollida" a través da mestura de ritmos galegos e do resto do mundo
A festa Ribadeo Indiano chega á súa cuarta edición cun amplo programa de actividades no que tamén participa o Consello da Cultura Galega, que colabora co Concello na recuperación da memoria
MAPA INTERACTIVO | Sanidade analiza a auga de máis de 500 praias marítimas e fluviais e considera “insuficiente” a calidade de 21 para este 2017. Outras 19 xa nin son consideradas zonas de baño pola súa contaminación aínda máis duradeira.
Compañías de Brasil, Arxentina, Italia, Dinamarca, Reino Unido ou Estados Unidos amosan estes días os seus espectáculos nas rúas da vila
Un total de 168 teñen como festa o martes, noutros 9 xa non se traballa este luns, e 19 descansan o mércores de cinsa. Consúltao neste mapa interactivo
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos celebra o seu quinto aniversario e conmemórao este sábado en Vigo, nunha celebración con contacontos, música, sorteos..., á que todo o mundo está convidado.
Bota a andar Os Plans de Praza, unha axencia de viaxes en liña con acordos coas maiores cadeas hoteleiras e ducias de opcións de lecer aos mellores prezos. Os seus ingresos contribúen ao sostemento económico de Praza.gal
Este venres e sábado celébrase en Monterroso a terceira edición do Festival Agrogay da Ulloa, que incluirá concertos, representacións teatrais, e outras actividades. Lerase un Manifesto e entregaranse os premios á Visibilidade Agrogay.