A Xunta Electoral prohíbe as manifestacións do Cumio Social en Ourense e Pontevedra

Cartaz da convocatoria Dominio Público Praza Pública

As xuntas electorais provinciais veñen de decretar a prohibición das manifestacións convocadas polo Cumio Social para este luns ás oito da tarde en Ourense e Pontevedra alegando que coinciden coa campaña electoral en Galicia. As marchas están convocadas na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcia e Vigo e as xuntas provinciais da Coruña e Lugo non puxeron inpedimentos polo de agora. 

A convocatoria foi realizada polo Cumio Social, que agrupa 150 organizacións sociais de todo tipo, entre as que sobrancean os sindicatos CC.OO. e UGT. O secretario xeral de Comisións, Ignacio Fernández-Toxo, denuncia que no existe ningún elemento na lexislación que xustifique este feito, que cualificou de "auténtico atropello ao dereito básico de manifestación". No resto do Estado as manifestacións percorren as rúas este domingo en ao redor de 50 cidades en protesta contra uns Orzamentos marcados polos recorte nos dereitos básicos e como anticipo dunha probable convocatoria de folga xeral no mes de novembro, posiblemente o dia 14.

Hai uns días a Xunta Electoral Provincial de Pontevedra prohibiu unha convocatoria as ONGs galegas para celebrar o 17 de outubro o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A convocatoria, que si foi autorizada no Pais Vasco, consistía na representación dunha obra de teatro na Porta do Sol de Vigo e despois unha concentración pacífica coa lectura dun manifiesto ao final.

Cartaz da convocatoria Dominio Público Praza Pública

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.