Compromís pide que os alimentos caducados aproveitables vaian a bancos de alimentos

Concentración diante do supermercado ferrolán no que tivo lugar a acción reivindicativa © CIG

O deputado de Compromís no Congreso, Joan Baldoví, presentou unha moción para instar o Goberno a actuar contra a destrución de alimentos caducados, para que os que aínda sexan aproveitables se distribúan a través dos bancos de alimentos. “Baldoví urxe o Goberno a aprobar unha lexislación "que prohíba a destrución sistemática de alimentos en bo estado”, unha normativa que “mellore a eficiencia da cadea agroalimentaria sector por sector, que impida destruír alimentos en bo estado e que garanta o seu bo uso e reparto, para que chegue a todos os que o necesitan”". O deputado denuncia que o 50% dos comestibles se perden nalgún punto da cadea agroalimentaria.

Baldoví propón campañas de sensibilización da opinión pública sobre o valor dos alimentos e os produtos agrícolas, así como sobre "as causas e as consecuencias do seu desbaldimento e os modos de reducilo". Ademais, quere que a normativa obrigue a vender unha serie de produtos a granel, “para non obrigar o consumidor a mercar en exceso, máis do que sabe que necesita, e tamén para aforrar en embalaxes. Finalmente, esixe que o etiquetado de alimentos inclúa unha dobre data, a do límite para a venda e a do límite para o consumo.

O deputado denuncia que o 50% dos comestibles se perden nalgún punto da cadea agroalimentaria

Para Compromís, “non é "razoable" que os supermercados destrúan comida en bo estado e que "en España haxa xente que pasa fame”", pois non pode pagar "uns alimentos que cada vez son máis inaccesibles como consecuencia da especulación alimentaria”".

Nos últimos meses foron numerosas as accións destinadas a denunciar as dificultades dunha parte non pequena da poboación para acceder aos alimentos máis básicos. Dende Andalucia e Extremadura até Ferrol, onde a asemblea de desempregados levou a cabo unha acción reivindicativa na que tentou retirar produtos esenciais valorados en menos de trinta euros.

Concentración diante do supermercado ferrolán no que tivo lugar a acción reivindicativa © CIG

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.