E despois do 25S, o 26S

A protesta pacifica foi incrementando a tensión a medida que avanzaban as horas © El Diario

Díxose que o 25S era só o comezo. Que nas semanas seguintes a presión nas rúas debía manterse e crecer para forzar o Goberno a dar un xiro nas súas politicas. E despois do 25 vén o 26. Este mércores están convocadas concentracións en todo o Estado co mesmo obxectivo que as de onte e cun motivo engadido: a denuncia da violencia policial que este martes asolou Madrid e cuxas imaxes deron a volta ao mundo. Ao final foron 35 os detidos e 64 os feridos, 20 dos cales aínda seguían hospitalizados esta mañá.

Este mércores tamén hai actos de apoio en Santiago (Praza de Galicia), Vigo (Farola de Principe), A Coruña (Obelisco), Pontevedra (subdelegación do Goberno) e Ourense (subdelegación)

Á convocaria de hoxe, que dende as sete da tarde, ocupará de novo a Praza de Neptuno, próxima ao Congreso, seguirá unha manifestación este sábado 28. Este mércores tamén se celebrarán actos de apoio na principais cidades galegas: en Santiago (Praza de Galicia), Vigo (Farola de Principe)A Coruña (Obelisco), Pontevedra (subdelegación do Goberno) e Ourense (subdelegación).

Nas protestas de onte en Madrid un dos detidos foi o galego Miguel Quinteiro

Nas protestas de onte en Madrid un dos detidos foi o galego Miguel Quinteiro, activista de Coop57 (entidade da que é socio promotor), Attac, ou a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Quinteiro foi detido cando se atopaba con outras persoas realizando unha sentada. Durante toda está mañá estivo a declarar perante o xuíz, e se está a espera da resolución do mesmo sobre a súa situación. Está "tranquilo" pero "cabreado por non permitirlle a polícia acceder ás súas pertenzas". O Ministerio do Interior pretende acusar os detido de delitos contra altos órganos da nación, co que suporia o seu xulgamento a través da Audiencia Nacional. En xuño entrevistámolo para Praza a respecto das accións que a Plataforma polo aforro público estaba levando a cabo para esixir unha investigación a fondo sobre a xestión das caixas de aforros.

 

 

"Non coñezo outra forma de cargar"

Mentres, crecen as denuncias pola violencia policial e pola presenza documentada de infiltrados da policia co obxectivo de xustificar as cargas. As crítícas chegan dende os partídos de esquerda, síndícatos, xornalístas e dende a coordinadora 25S, que este mércores pola mañá volveu sufrir a presión policial no medio da rolda de prensa que estaban ofrecendo nas proximidades do Congreso. Pola súa banda, o ministro do Interior felicitou as forzas de seguridade pola súa actuación durante o 25S. Jorge Fernández dixo que a policía actuou "extraordinariamente ben" e que grazas a eles evitouse que un grupo de persoas "coaccionara" os deputados.

Tamén o secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), José Manuel Sánchez Fornet, defende que a violencia dos axentes no 25-S "exerceuse ben". "Non coñezo outra forma de cargar", dixo. E recoñeceu que a policia tenia infiltrados entre os manifestantes aínda que negou que provocasen a violencia como denuncian moitas voces, como o propio deputado Alberto Garzón: "Non son os policías os que lanzan os paus. O deputado Garzón mente e ademais el sábeo". O mesmo declarou oficialmente a Xefatura Superior da Policía Nacional, que admitiu que na manifestación participaron axentes infiltrados e cubertos con capuchas pero negou que lanzaran obxectos: "Nós non imos con pedras a apalear os nosos propios compañeiros. En que cabeza cabe?".

O Goberno eludiu responder sobre a cuestión na sesión de control do Parlamento

Mentres, o Goberno eludiu responder sobre a cuestión na sesión de control do Parlamento. Esquerda Unida realizara unha pregunta directa ao executivo cuxa redacción intencionadamente xenérica cuestionaba sobre a opinión do executivo a preto das protestas sociais. O grupo de Cayo Lara era consciente que a pregunta, tramitada hai días, coincidiría co día despois da protesta ante o Congreso. Con todo o PP, ao atoparse Rajoy fóra de España, decidiu que fose o ministro Montoro o encargado de dar resposta á cuestión. Como Montoro hoxe tampouco se atopaba na cámara a pregunta decaeu sen máis. Esquerda Unida pedirá a comparecencia do ministro de Interior para que justifique a actuación policial que o resto de grupos considera "desmesurada" de modo unánime.

Si houbo reunión da Comisión de Interior do Congreso, na que o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, defendeu a actuación policial ante as preguntas de varios deputados e denunciou que os manifestantes "actuaron de forma organizada e estruturada, todos eles armados con escudos, paus, pedras, botes e obxectos contundentes que lle lanzaron á Policía".

A protesta pacifica foi incrementando a tensión a medida que avanzaban as horas © El Diario
Concentración diante do Parlamento Galego Dominio Público Praza Pública

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.