Manifestación a prol da mina de Corcoesto polo 1º de Maio en Madrid

Unha das antigas minas de Corcoesto, abandonada Dominio Público Praza Pública

A asociación veciñal Corcoesto Sí, Mina Sí manifestarase neste Primeiro de Maio en Madrid "para amosar o seu apoio ao proxecto da mina de Corcoesto" e "reivindicar o seu dereito a un traballo digno". Farao, ademais, acompañada e apoiada pola USO (Unión Sindical Obreira), central que nos últimos tempos ten amosado o seu total apoio á polémica mina a ceo aberto que conta con numerosos colectivos sociais, cidadáns e sindicais en contra.

A asociación maniféstase xunto a USO a favor da mina a ceo aberto en Corcoesto

Segundo asegura nun comunicado esta agrupación, a iniciativa xorde "a raíz do incumprimento dos prazos prometidos pola Xunta de Galicia para a aprobación do proxecto mineiro" e tamén para protestar "contra a postura de rexeitamento absoluto" por parte de "grupos políticos ecoloxistas e nacionalistas" a toda a minería, o que, segundo eles, "implicaría un atraso económico extremo para Galiza (sic)".

Critican o rexeitamento de "grupos nacionalistas e ecoloxistas" que condenan a Galicia "a un atraso económico extremo"

Así, a Asociación Vecinal Corcoesto Sí, Mina Sí sairá da coruña ás 2.30 da madrugada para acudir á manifestación que se celebrará en Madrid e tamén logo a unha concentración "onde haberá casetas con produtos gastronómicos de cada comunidade autónoma".

Imaxe de Edgewater en Corcoesto © Edgewater

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.