O eurodeputado Reinhold Butiköfer visita Corcoesto para denunciar o proxecto mineiro

O eurodeputado alemán Reinhold Butiköfer © netzeitung.de

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, e mais o eurodeputado alemán Reinhold Butiköfer, membros ambos os dous do Grupo dos Verdes-Alianza Libre Europa, visitarán este sábado pola mañá Corcoesto, onde celebrarán un encontro coa Plataforma en Defensa de Corcoesto, co obxectivo de continuar a denuncia perante a Comisión Europea do proxecto mineiro.

Reinhold Butiköfer é membro da Comisión de Industria, Enerxía e Investigación do Parlamento Europeo e unha das voces máis importantes de denuncia ecolóxica do uso dos productos contaminantes. 

Butiköfer é membro da Comisión de Industria, Enerxía e Investigación do Parlamento Europeo e unha das voces máis importantes de denuncia ecolóxica do uso dos productos contaminantes

O proxecto, unha mina de ouro a ceo aberto, utiliza como tecnoloxía para a separación do ouro o cianuro, un método que xa foi prohibido en varios países, e que mesmo foi rexeitado polo Parlamento europeo hai dous anos nunha resolución que recomendaba a todos os estados da Unión Europea a prohibición do uso do cianuro na minaría. A extracción prevista de 30 toneladas de ouro xerará seis millóns de toneladas de refugallos cun elevado contido en xofre, que se almacenarán en balsas.

O eurodeputado alemán Reinhold Butiköfer © netzeitung.de

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.