Movementos sociais
A memoria "reconquista" San Simón 80 anos despois do golpe
A Iniciativa Galega pola Memoria insta a retomar o proxecto de declarar San Simón como "illa da memoria", con actividades permanentes de lembranza das persoas represaliadas na ditadura
As tabernas teñen barba
Daniel Landesa
As manifestacións reducíronse en 2015 por segundo ano consecutivo
En Galicia, o número de marchas comunicadas ao Ministerio do Interior foi de 3.524, inferior ás 3.777 de 2014 e ás 4.674 de 2013. A cifra, con todo, supera á de 2012 e duplica os datos dos anos anteriores. Crecen as protestas veciñais, agrarias, sanitarias e contra a violencia de xénero.
En 2015 rexistráronse 54 violacións en Galicia, un 15% máis que no ano anterior
As agresións con penetración situáronse no seu nivel máis alto dos últimos anos. Tamén se incrementou a frecuencia doutros delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual, que inclúen outro tipo de abusos, acoso, exhibicionismo e prostitución
"Elviña é un barrio, non só un espazo por onde a 'verdadeira' cidade pode crecer"
Ergosfera amosa estes días o proxecto/exposición Cousa de Elviña: unha análise das orixes, presente e futuro do conflito motivado polo plan do Parque Ofimático, reivindicando un urbanismo diferente que respecte o preexistente e se integre con el. Falamos con Iago Carro
Vigo, O Morrazo e Pontevedra lideran a caída da natalidade en Galicia
O número de nacemento nas tres comarcas reduciuse o pasado ano en máis de 300, unha cifra superior á caída que se rexistrou no conxunto do país. En Deza, Noia, A Coruña, Os Ancares, Barbanza, Ordes e Tabeirós-Terra de Montes si naceron máis nenos e nenas no 2015 que no 2014
"Preto de nós hai moitas mulleres que queren facer oír as súas voces. E non poden"
ENTREVISTA A Revista Feminista Revirada publica estes días na rede o seu número 1. Falamos coa súa equipa de editoras: Giada Maria Barcellona, Mariola Mourelo e Pablo Andrade
O guerrilleiro coruñés Manolito Bello será homenaxeado este luns, no 70 aniversario do seu asasinato
O acto, organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, terá lugar no Cemiterio de Oza ás 17 horas. Pediu que na súa tumba se lle colocara unha estrela de cinco puntas feita con caraveis vermellos
O Goberno en funcións concédelle a Reganosa autorización para operar
A decisión, publicada este sábado no BOE, chega despois de dúas sentenzas contrarias do Tribunal Supremo e de que o Consello de Ministros acordase eximir a instalación de contar coa necesaria avaliación de impacto ambiental
Por primeira vez todas as comarcas galegas presentan saldo vexetativo negativo
Ames, Arteixo, O Porriño, Oroso, Salceda de Caselas, Poio, Cambre, Burela, Soutomaior, Culleredo, Narón, Pontevedra, Gondomar e Pontecesures foron en 2015 as únicas localidades nas que naceron máis persoas das que morreron, segundo datos do IGE.
O mundo da cultura de Pontevedra pide nun manifesto a abolición das touradas na cidade
O texto, asinado por 20 colectivos sociais e culturais da comarca e 45 persoeiros a título individual, demándalle ás distintas administracións unha "posición activa" para rematar con esta práctica na localidade. O 13 de agosto está convocada unha manifestación neste senso.