Varias concentracións protestarán pola brutal agresión homófoba en Santiago
Unha parella foi atacada na porta dun supermercado e os agresores seguíronos ata o hospital, onde se repetiron as ameazas e os insultos. Os agredidos tiveron que ser protexidos polo persoal sanitario e a seguridade privada do centro