Movementos sociais
Tomen aire
Praza Pública
Os mariñeiros sen a pensión de Noruega denuncian o desleixo da Xunta
Membros do colectivo que agrupa os 8.000 afectados mantiveron unha xuntanza co Goberno galego da que "non saíu compromiso ningún". "A representante do Goberno galego só veu desmolarizarnos", denuncia Long Hope, que agardaba a presenza do presidente ou dun conselleiro.
Ecoloxía política: a ollada que precisamos con urxencia
Manuel Casal Lodeiro
Por un futuro de calidade: Ence-Elnosa fóra da ría xa!
Antón Masa
Talas masivas na Ribeira Sacra poderían facer perigar a declaración da UNESCO
Amigos da Terra critica a corta nos últimos días de centos de árbores, nun espazo de 80.000 metros cadrados, a carón do LIC Canóns do Sil. En paralelo, a SGHN denuncia a plantación de piñeiros nunha área moi próxima, reservada á especies protexidas de aves.
Despolitizarmos o poder xudicial
Xoán Antón Pérez-Lema
Unha de cada catro mulleres sufriu violencia de xénero nalgún momento da súa vida
O Ministerio de Sanidade publica a Macroenquisa de violencia contra a muller, que revela que o 15,5% das mulleres españolas sufriu violencia física, sexual ou medo das súas parellas nalgún momento da súa vida. Unha de cada catro (o 25,4%) sufriu violencia psicolóxica de xénero.
Aumentan as críticas aos recortes na detección precoz de enfermidades
Sindicatos, profesionais e asociacións de pacientes alertas da redución de 40 a 12 das doenzas que lles poderán ser detectadas aos neonatos e neonatas. A Xunta nin confirma nin desmente a medida, que acabaría cun dos programas máis avanzados do Estado.
Leis
Eva Martínez Montero
A 'absolución' da Cruz franquista do Castro será levada ao Constitucional
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 recorrerá finalmente ante o TC a anulación por parte do TSXG do ditame que obrigaba ao Concello a retirar o monumento da ditadura e levará a cabo unha colecta entre a cidadanía para reunir os 3.000 euros necesarios.
Naomi Klein: "Necesitamos verdades poderosas que anulen as mentiras do capitalismo"
A xornalista, escritora e activista canadense vén de presentar en Barcelona o seu novo libro, un chamamento á unión en defensa da "xustiza climática" e á actuación inmediata da clase política internacional ante o cambio climático.