Greenpeace escala a central de Meirama para esixir o peche das centrais térmicas de carbón
A acción serve de anticipo ao Día de acción Global contra o carbón, que este sábado buscará chamar a atención sobre a necesidade de abandonar este combustible fósil, responsable dunha parte importante das emisións de CO2 e do cambio climático. A plataforma Galiza, Un Futuro Sen Carbón convoca unha concentración nas Pontes.