As protestas contra a falta de medios no ensino espállanse por Galicia e chegan ao Ortegal
Centos de persoas maniféstanse en Cariño para demandar o aumento do horario do único docente de Audición e Linguaxe que hai no colexio logo de baleiralo en dúas xornadas de folga. A Xunta advirte de que as necesidades especiais "están cubertas co persoal que hai".