Uxía e Sés puxeron a música

Uxía e Sés © Praza Pública

Certo é que na manifestación non se deixou de cantar en ningún momento: dende o "Aínda que se molle, o galego non encolle" até o "Vai para o carallo, sen galego e sen traballo". Pero a música de verdade chegou xa na Praza da Quintana, onde Uxía e Sés interpretaron dúas cancións que ficaron como un dos momentos máis lembrados na marcha. E onde as gaitas foron quentando o ambiente mentres a xente ía ateigando a Praza. Antes, Uxía afirmara que non é que chovera, senón que "mexan por nós" e defendeu o ensino do galego na escola. 

Uxía e Sés © Praza Pública

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.