Irán confirma o asasinato do aiatolá Ali Khamenei e anuncia “vinganza”

O aiatolá Alí Khamenei foi asasinado nos bombardeos de Estados Unidos e Israel contra a República Islámica. CC-BY-SA Leader.ir

Hemeroteca

A televisión pública iraniana confirmou na mañá deste domingo a morte do líder supremo, o aiatolá Alí Khamenei nos bombardeos de Estados Unidos e Israel contra a República Islámica

A televisión pública iraniana confirmou na mañá deste domingo a morte do líder supremo, o aiatolá Alí Khamenei nos bombardeos de Estados Unidos e Israel contra a República Islámica. 

A Garda Revolucionaria do país tamén lamentou o falecemento de Khamenei nun comunicado recollido pola axencia iraniana Fars: "Perdemos ao noso gran líder e chorámolo (....) O seu martirio nas mans dos máis terribles terroristas e exterminadores da humanidade é un símbolo da súa virtude".

Israel afirmou que Khamenei morreu xunto cos seus principais lugartenentes, entre eles Ali Shamjani, o poderoso exsecretario do Consello de Seguridade Nacional, e Mohamed Pakpur, comandante do Corpo da Garda Revolucionaria Islámica (CGRI). Estas baixas tamén foron confirmadas na madrugada do domingo por Irán, mediante a canle estatal Press TV.

Irán anunciou horas despois tamén a morte nos ataques de Estados Unidos e Israel do xefe do Estado Maior das Forzas Armadas iranianas, o xeneral Abdorrahim Musaví, e do ministro de Defensa iraniano, Aziz Nasirzadeh, "no ataque brutal do réxime sionista", segundo a axencia de noticias IRNA. Na televisión estatal informou que o país entraba nun loito de 40 días. 

Trump tiña definido así ao líder iraniano en Truth Social: " Khamenei, unha das persoas máis malvadas da historia, morreu. Isto non só é xustiza para o pobo iraniano, senón para todos os grandes estadounidenses e as persoas de moitos países do mundo que foron asasinadas ou mutiladas por Khamenei e a súa banda de matóns sanguinarios".

"A man da vinganza da nación iraniana non deixará en paz aos seus asasinos ata que se enfronten a un castigo duro, decisivo e lamentable", afirmou a Garda Revolucionaria iraní

"A man da vinganza da nación iraniana non deixará en paz aos seus asasinos ata que se enfronten a un castigo duro, decisivo e lamentable", afirmou o corpo militar de elite nun comunicado pouco despois do anuncio da morte do clérigo de 86 anos.

A  Garda Revolucionaria  asegurou que lanzaría a maior operación militar na historia das Forzas Armadas do país contra Israel e obxectivos de Estados Unidos en Oriente Medio, segundo informa RTVE.

Explosións en Irán durante o ataque de Estados Unidos e Israel CC-BY-SA Rede X de Press TV

Pola súa banda, Trump indicou que "hai algúns bos candidatos" para suceder a Khamenei como líderes de Irá e asegurou que a morte de Khamenei podería facilitar unha solución diplomática con Irán.

Días antes do ataque contra Irán, representantes de ambos os países reuníronse en Xenebra para unha rolda de negociacións sobre o programa nuclear iraniano nas que, segundo o seu ministro de Asuntos Exteriores, Abás Araqchí, lográronse "bos avances".

Estados Unidos e Israel lanzaron na mañá do sábado 28 de febreiro un ataque contra obxectivos en Teherán e outras cidades en Irán. Israel bautizou a súa campaña militar como 'Ruxido de León' e Estados Unidos como ´Furia Épica´, que busca acabar con "ameazas existenciais", no marco dunha acción coordinada co Exército estadounidense tras meses de planificación.

Na cidade de Minab, no sur do país, o ataque contra unha escola de nenas ​​​​​deixa 85 persoas mortas, segundo informa a axencia iraniana Mehr.

Donald Trump e Benxamin Netanyahu na Casa Blanca en 2020 CC-BY-SA White House Photo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.