O 25 de abril, hora a hora: a revolución pacífica que cantou á liberdade

Mural en Lisboa dedicado á Revolución dos Caraveis CC-BY-SA Jeanne Menjoulet

Hoxe é 25 de abril e, polo tanto, celébrase o aniversario da Revolución dos Caraveis, a sublevación militar liderada polo MFA que acabou coa ditadura do Estado Novo e acadou a democracia en Portugal. Hoxe no país luso é tempo de lembrar aquelas datas, de escoitar o 'Grândola, Vila Morena' e de valorar o papel exercido por este grupo de militares progresistas, os Capitães de Abril, nesas horas e nos anos seguintes. É, ademais, o primeiro 25 de abril sen Otelo Saraiva de Carvalho, un dos grandes líderes da revolución, finado o pasado mes de xullo.

Ofrecémos aquí un pequeno resumo dos feitos máis importantes que definiron a Revolução dos Cravos nos días 24, 25 e 26 de abril de 1974.

Esta fin de semana, ademais, en Compostela celebrouse o 50 aniversario da primeira vez que o Grândola soou en público. Fíxoo no Burgo das Nacións, ante centos de estudantes. E nese mesmo escenario este domingo un acto organizado pola Associaçom José Afonso — Galiza lembrou aquel momento. 

A asociación lembra que o propio Zeca Afonso destacou nunha ocasión que "talvez ninguém me entendesse como na Galiza". "A primeira vez que cantei o Grândola em público foi na Galiza. A malta entusiasmou-se. Criou-se um efeito de fraternidade muito intenso. Puham-se de pé, cantavam, agitavam os braços... Foi a experiência mais maravilhosa, algo especial", sinalou o cantautor nunha entrevista concedida pouco antes do seu falecemento.

Acto de homenaxe a José Afonso, este domingo en Compostela © AJA Galiza

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.