O Centro de Estudos Galegos situado na Woxsen University inaugurou oficialmente as súas actividades. Fíxoo coa presenza de Juan Antonio March Pujol, embaixador de España na India
Hai uns meses anunciouse a creación en Hyderabad, na India, dun centro de estudos galegos, o primeiro que se abría no continente asiático. O pasado xoves o Centro de Estudos Galegos situado na Woxsen University inaugurou oficialmente as súas actividades. Fíxoo coa presenza de Juan Antonio March Pujol, embaixador de España na India, que levou a cabo o simbólico corte dun cordón inaugural antes do inicio das actividades.
O pasado 25 de xullo o Centro de Estudos Galegos da Woxsen University acolleu xa un acto con motivo do Día Nacional de Galicia. Con todo, fíxoo de maneira oficiosa, sen ter sido inaugurado o centro de maneira oficial.
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, felicitou á universidade pola posta en marcha do centro
O evento comezou coas palabras de Anik Nandi, director do Centro, unha intervención que foi seguida por unha conexión, a través da rede, do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, que felicitou á universidade pola posta en marcha do centro, uns parabéns que estendeu a todas as persoas que participan na iniciativa e mais nas actividades programadas.
O evento comezou cunha intervención doinvestigador Shyama Prasad Ganguly (antigo profesor da Universidade Jawaharlal Nehru), centrada na 'participación galega na recepción hispana de Tagore tras o Premio Nobel’. O seu discurso incluíu a obra de Vicente Risco e os contemporáneos que tiveron un papel pioneiro en situar a Tagore nunha terra tan afastada.
O profesor Vikash Kumar Singh falou sobre o tema de galego "como lingua unificadora", un "diálogo enriquecedor que transcende as fronteiras xeográficas e culturais unindo India e Galiza a través do poder da literatura"
Despois do discurso principal, tivo lugar unha mesa de debate sobre o tema de "Investigación da literatura, a cultura e a tradución europeas na India e Máis aló", que foi moderada pola doutora Mary Saha. A mesa de debate comezou coa intervención de Óscar Pujol, director, do Instituto Cervantes en Nova Delhi, un indólogo que escribiu o primeiro dicionario de catalán-sánscrito. A continuación interveu o profesor Gaurav Kumar da Jawaharlal Nehru University, o profesor Surendra Singh Negi e o profesor Sabyasachi Mishra, que debateu sobre a representación de Galicia e os galegos no Século de de Ouro da literatura española.
O profesor Rahul Putty destacou que o Centro de Estudos Galegos pode ser "un cambio de xogo no contexto europeo de ensino e aprendizaxe de linguas na India", ao ser o primeiro centro dedicado ás linguas minorizadas europeas
Finalmente, interveu o profesor Vikash Kumar Singh, da Indira Gandhi National Open University (IGNOU), que visitou Galicia varias veces e aprendeu a lingua a través dos Cursos de Verán organizado polo RAG e ILG. Vikash Kumar Singh explorou os seus retos para traducir a Rosalía de Castro ao hindi e falou sobre o tema de galego "como lingua unificadora", un "diálogo enriquecedor que transcende as fronteiras xeográficas e culturais unindo India e Galiza a través do poder da literatura", nunha intervención na que leu versos de Rosalía e de Manuel María.
Despois do discurso principal, tivo lugar unha mesa de debate sobre o tema de "Investigación da literatura, a cultura e a tradución europeas na India e Máis aló"
O orador final do panel foi o profesor Rahul Putty da Academia Manipal de Educación Superior, que presentou a recentemente creada Asociación de Profesores de Linguas Europeas en India (ATELI). Despois de felicitar a Anik Nandi, destacou que o Centro de Estudos Galegos pode ser "un cambio de xogo no contexto europeo de ensino e aprendizaxe de linguas na India", ao ser o primeiro centro dedicado ás linguas minorizadas europeas.