O PP frea a Galicia renovable con improvisación, inseguridade e propaganda

Parque eólico en Abadín CC-BY-SA Praza Pública

Galicia conta cunha riqueza natural inmellorable para liderar a transición enerxética: vento, auga e un enorme potencial renovable. Pero o que falla é o liderado político. A Xunta leva anos atrapada na improvisación, sen planificación e sen capacidade para atraer investimento de calidade nin xerar consenso social.

Galicia conta cunha riqueza natural inmellorable para liderar a transición enerxética: vento, auga e un enorme potencial renovable. Pero o que falla é o liderado político

Nos últimos dezaseis anos, o PP galego converteu a política eólica nun campo de minas. Hoxe hai preto de 70 parques eólicos paralizados por orde xudicial, a seguridade xurídica brilla pola súa ausencia e o noso país caeu da primeira á quinta posición en potencia eólica instalada. Galicia non só perde enerxía limpa, perde oportunidades, emprego e futuro.

No 2009, o goberno de Feijóo cancelou o maior concurso eólico de Europa, deixando fóra 2.325 MW e máis de 5.000 millóns de euros en investimentos. A decisión custoulle á cidadanía 150 millóns en indemnizacións. Hoxe o PP repite erros: modifican leis ao seu antollo, autorizan parques fóra de planificación e toman decisións sen transparencia nin diálogo.

O goberno de Feijóo cancelou o maior concurso eólico de Europa, deixando fóra 2.325 MW e máis de 5.000 millóns de euros en investimentos. A decisión custoulle á cidadanía 150 millóns en indemnizacións. Hoxe o PP repite erros:

Mentres tanto, a Xunta creou “Recursos de Galicia”, unha sociedade mixta que vende como pública pero na que só ten o 30% e que preside a conselleira de Economía. Anunciárona como a panacea para aproveitar vento, auga e minas, mais a día de hoxe non presenta resultados nin proxectos claros. Iso si, comprometeron 30 millóns de cartos públicos ata 2027. Un exercicio de propaganda sen planificación nin retorno, que nin abarata a factura eléctrica nin garante beneficios sociais ou ambientais para Galicia.

Desde o PSdeG defendemos unha política enerxética seria, planificada e con retorno para os galegos. Apostamos por unha transición ecolóxica con equilibrio territorial, respecto ambiental e participación cidadá. Queremos atraer cadeas de valor, crear emprego de calidade e aproveitar a posición estratéxica de Galicia nunha Europa que camiña cara a descarbonización.

Temos ambición renovable. Galicia merece un goberno que deixe de frear o seu potencial e se poña á fronte da revolución enerxética que está en marcha.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.