A administración autonómica de Galicia conforma un aparello institucional enorme, cunha ascendencia extraordinaria sobre a poboación. Prodúcese unha simbiose entre a idea de Galicia e a súa expresión institucional organizada
En 2023, inmediatamente antes da convocatoria das eleccións autonómicas, transmitinlles aos candidatos á presidencia da Xunta do BNG e do PSdG unha serie de posíbeis medidas de política lingüística. Entre elas estaba a de regular a plena extensión do uso oral do galego cara ao público nas administracións autonómica e local.
A administración autonómica de Galicia conforma un aparello institucional enorme, cunha ascendencia extraordinaria sobre a poboación. Ordena e xestiona aspectos moi importantes da vida comunitaria e contribúe a reforzar o sentimento de pertenza.
Non só iso. É unha especie de motor, un pulso constante. Está tan presente que forma parte do sentido común, dáse por descontado. Como se fose imposíbel que non existise. Prodúcese unha simbiose entre a idea de Galicia e a súa expresión institucional organizada.
Sen ese motor (mesmo sendo tan feble) a cohesión social sería moitísimo menor e a conciencia de ser, menos firme e efectiva. As administracións propias resultan esenciais para a reelaboración permanente dun país cando son algo máis que un simulacro.
Sen ese motor (mesmo sendo tan feble) a cohesión social sería moitísimo menor e a conciencia de ser, menos firme e efectiva. As administracións propias configuran, entón, un factor que se debe incorporar ao cómputo identitario. Clave para a comprensión da nación moderna
Xestionar recursos, imaxinar, lexislar e desenvolver políticas públicas, defender intereses, xerar líderes e representacións, administrar campos que vertebran a vida colectiva, sistemas educativos, sanitarios, infraestruturas. Todas estas actividades funcionan como elementos cohesivos. Son manifestacións tanxíbeis da existencia do país. Decisivas para que os cidadáns se sintan parte dun proxecto colectivo.
Aquí non se está dicindo que exista unha panacea. En ningún sentido. Nin nada semellante. Trátase só de evidenciar que a existencia desa enorme organización é un factor decisivo na conformación da personalidade actual de Galicia. A súa ausencia figúrase inconcibíbel cincuenta anos despois da súa creación, polo menos de momento.
As administracións propias configuran, entón, un factor que se debe incorporar ao cómputo identitario. Clave para a comprensión da nación moderna. Os factores estábeis, o territorio, a tradición, os mitos, a historia, a cultura compartida, a lingua..., son previos e fundamentais. Está ademais da vontade de ser, absolutamente preeminente. O que Renan conceptúa como “plebiscito cotián”: ter feito grandes cousas xuntos no pasado e querer seguir a facelas xuntos, tal como el di.
Que os aparellos administrativos de Galicia regulen e usen oralmente a lingua propia “para si”, é unha consecuencia lóxica e crucial. A súa incorporación xeraría un efecto de demostración e de referencia para a sociedade enteira, proxectando unha mensaxe poderosa, tamén de prestixio institucional
É verdade que a reivindicación de gobernos e de poder propio son unha constante histórica, mais no caso de Galicia é frecuente non ter en conta o valor do conquistado. Sen dúbida escaso para unha parte importante da sociedade.
Só un engadido antes de ir á cuestión lingüística. A administración local desenvolve en cada concello un rol relativamente semellante. Reforza o sentido de comunidade e vertebra a vida colectiva, aínda que a súa existencia dificilmente se poida ver ameazada.
Que os aparellos administrativos de Galicia regulen e usen oralmente a lingua propia “para si”, é unha consecuencia lóxica e crucial. É máis que unha necesidade. É unha manifestación fundamental da identidade dese aparello, conformado grosso modo por duascentas mil persoas. A súa incorporación xeraría un efecto de demostración e de referencia para a sociedade enteira, proxectando unha mensaxe poderosa, tamén de prestixio institucional.
O uso oral cara aos cidadáns desterra prexuízos sobre a súa capacidade e validez para as actividades formais e complexas. O traballador debería usar unha lingua de calidade, por varias razóns. O coidado e a corrección proxecta unha imaxe de seriedade, competencia e profesionalidade
O uso oral cara aos cidadáns desterra prexuízos sobre a súa capacidade e validez para as actividades formais e complexas. A administración contribuiría a que os seus empregados desenvolvesen e mantivesen un alto nivel de competencia. A principal función da administración é servir á cidadanía. A comunicación debe ser clara, precisa e sen ambigüidades.
O traballador debería usar unha lingua de calidade, por varias razóns. O coidado e a corrección proxecta unha imaxe de seriedade, competencia e profesionalidade. Convén remarcar isto cando calquera grande empresa ten estritamente pautada a relación oral coa clientela. A utilización deficiente transmite descoido, desorganización e incluso falta de respecto cara ao cidadán. O uso e a calidade do galego no ámbito público son indicadores de estatus e de vitalidade. Sen castellanismos, con construcións sintácticas correctas, reforzando a súa autoridade e prestixio. Debe entenderse como unha ferramenta fundamental para a excelencia no servizo público, non como unha carga adicional.
Desde o lugar que ocupan os administrados, unha lingua de calidade é sinal de respecto cara eles. Significa que a administración se preocupa e se fai entender.
A continuación expóñense as medidas necesarias, orientadoras, lonxe dunha planificación exhaustiva.
- Aprobación dunha lei que regule o uso oral do galego cara ao público na administración autonómica e local. En certa medida semellante á 5/1988 do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia para as entidades locais
- Cursos de formación específicos destinados a mellorar a eficiencia na relación cos administrados. Formación nos protocolos, normas universais de atención ao público e nas habilidades comunicativas orais, para unha mellor atención presencial e telefónica.
- Actualización constante das normas lingüísticas, especialmente para evitar os erros máis comúns.
- Elaboración de guías de “linguaxe clara” para facer a información máis accesíbel. Manuais de estilo e boas prácticas.
- Os servizos de normalización lingüística potenciarán os seus recursos e promoverán que sexan consultados de forma activa para resolver dúbidas, igual que no caso da escrita.
- Promoverase internamente a importancia do uso oral da lingua, como parte esencial da función pública e do servizo ao cidadán. Igual que a valoración da calidade lingüística dentro da cultura organizativa.