Naquel 2002, eleccións á vista, só a aparición dun inimigo situado no estranxeiro sería quen de resolverlle a papeleta ao goberno Aznar. Un que amalgamase dignidade, valentías e vontades. Un inimigo común a todos os españois patriotas, sen importar a ideoloxía política
Naquel 2002, eleccións á vista, só a aparición dun inimigo situado no estranxeiro sería quen de resolverlle a papeleta ao goberno Aznar. Un que amalgamase dignidade, valentías e vontades. Un inimigo común a todos os españois patriotas, sen importar a ideoloxía política.
Pois, providencialmente, seis policías marroquís –xendarmes, gens d’armes– sitúanse nunha insua ridícula e inútil, Perejil, que non é de Marrocos nin de España, que non se concordaran para definirlle o status. Chantan a bandeira de Marrocos.
Mellor ocasión? España achega a Armada co seu portaavións, un submarino, fragatas e a infantaría de mariña. A aviación espalla os seus cazas polas bases do sur peninsular. O exército, en alerta, supoño. E as operacións especiais.
Cren que gañou España. Os que aseguran que España recuperou a illiña non se molestaron en saber, en leren o resultado final dunha operación que, en alfabetización militar, se chamou «Romeo Sierra», isto é, RS, recuperación do status: Perejil conserva hoxe o seu status incerto, o previo ao conflito. España non recuperou nada
Por unha illa de 400 metros, con ducias de cabras e unha cabreira velliña, esa si, marroquí. Aínda hoxe insisten arreo os comentaristas en que a illa se chama Laila en árabe. É falso. Os de Melilla chámanlle la isla en español, co acento do sur, la ihla, laila, entendedes?
Cren que gañou España. Os que aseguran que España recuperou a illiña non se molestaron en saber, en leren o resultado final dunha operación que, en alfabetización militar, se chamou «Romeo Sierra», isto é, RS, recuperación do status: Perejil conserva hoxe o seu status incerto, o previo ao conflito. España non recuperou nada.
Iso foi todo?
Non. A moral, o espírito, o ánimo da sociedade española debeu subir como a escuma.
Mais, e logo, a aparición dos xendarmes, sería como a cualifiquei, providencial? El non chegarían eles mediante algunha conspiración? Aínda que fose unha pequeniña…