En 2026 cúmprense dez anos da aprobación da Lei de patrimonio cultural de Galiza. Unha década despois, cómpre facérmonos unha pregunta: En que mellorou a protección e conservación do patrimonio cultural galego A realidade confirma que o PP traballou en contra
Un antes e un despois é o que implica a aprobación dunha lei. Un punto de inflexión para mellorar o obxecto de regulación e, en consecuencia, a vida das persoas.
En 2026 cúmprense dez anos da aprobación da Lei de patrimonio cultural de Galiza. Unha década despois, cómpre facérmonos unha pregunta:
En que mellorou a protección e conservación do patrimonio cultural galego?
A realidade confirma que o PP traballou en contra.
Fíxoo en 2016 aprobando, en solitario, unha lei que desprotexía o patrimonio en relación á anterior, aprobada por unanimidade.
Fíxoo nos orzamentos da Xunta, recortando a partida de protección do patrimonio. Unha partida que en 2026 terá case a mesma cantidade que en 2009. Unha Dirección Xeral de Patrimonio Cultural afogada economicamente, mais tamén en recursos humanos, convertida nun departamento irrelevante para o goberno do tándem Feijóo-Rueda.
A Xunta carga o peso da responsabilidade sobre a protección do patrimonio cultural nos concellos, cando moitos non contan con capacidade económica para asumila nin co persoal cualificado, o que suporá a desprotección efectiva dunha gran proporción dos bens do patrimonio cultural de Galiza
Fíxoo mediante o borrado legalizado da identidade cultural galega, baleirando a Lei de patrimonio cultural de contido, capacidade executiva e operativa a través de sucesivas modificacións de leis depredadoras, até chegar nesta última tramitación orzamentaria a delegar o que é indelegábel por lei.
O PP acaba de renunciar ás competencias exclusivas na xestión do patrimonio cultural para dar outro paso adiante na súa desprotección; faino descargando nos concellos as competencias para autorizar as intervencións que se realicen en bens catalogados con protección estrutural e ambiental, nas contornas de protección e zonas de amortecemento.
A partir de agora calquera intervención en cerca do 90% dos bens catalogados con protección será competencia dos concellos, sen teren sido consultados.
A pregunta é: a quen beneficia esta nova rebaixa na protección patrimonial? Antes ou despois saberase, mais será tarde se non lle poñemos freo a un PP aplicado en legalizar o espolio do patrimonio cultural dos galegos e galegas
A Xunta carga o peso da responsabilidade sobre a protección do patrimonio cultural nos concellos, cando moitos non contan con capacidade económica para asumila nin co persoal cualificado para informar as intervencións nos ámbitos protexidos, o que suporá a desprotección efectiva dunha gran proporción dos bens do patrimonio cultural de Galiza.
Esta modificación do goberno de Rueda ten como orixe o caos e colapso en que están os servizos de patrimonio cultural e os atrasos nas autorizacións. A Xunta non fixo nada para resolver o problema incrementando o persoal técnico, senón que escolle multiplicalo trasladándollo aos concellos e desentendéndose das súas obrigas.
A pregunta é: a quen beneficia esta nova rebaixa na protección patrimonial?
Antes ou despois saberase, mais será tarde se non lle poñemos freo a un PP aplicado en legalizar o espolio do patrimonio cultural dos galegos e galegas.