AGE reclama que a Igrexa pague impostos polas súas propiedades

Beiras e Díaz, no inicio da súa comparecencia CC-BY-SA Praza Pública

Alternativa Galega de Esquerda demandoulle este mércores á Xunta "vontade política" para acabar cos "privilexios" da Igrexa. En concreto, esixe que a Igrexa pague o Imposto de Bens Inmobles (IBI) por todas as súas propiedades, tamén polas de culto. Yolanda Díaz e Xabier Ron presentaron unha pregunta parlamentaria na que lle piden á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI. Ademais pide que a Xunta realice un estudo do custe que lles supón aos concellos os privilexios cos que a Igrexa conta na actualidade.

Yolanda Díaz e Xabier Ron presentaron unha pregunta parlamentaria na que lle piden á Xunta que impulse un acordo entre os concellos galegos para que a Igrexa tribute o IBI

A vicevoceira de AGE pediu tamén coñecer os negocios aos que se dedica a Igrexa: "se venden produtos teñen que tributar por eles como calquera autónomo". Yolanda Díaz lembrou que este mesmo mércores a Fegamp pediu suficiencia financeira e salientou a necesidade de incrementar os ingresos que percibe a administración nesta situación de crise. Yolanda Díaz criticou que a Igrexa "non reverta nada ás arcas públicas", e que en cambio se lle fan “transferencias de 10.000 millóns de euros".

Finalmente, Díaz denunciou os acordos "preconstitucionales" que o Estado mantén co Vaticano nos ámbitos educacional, xurídico ou culturas.

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.