As 20 preguntas que deben responder os responsables de Fomento, Adif e Renfe sobre o accidente

Restos do tren accidentado CC-BY contandoestrelas

A ministra de Fomento comparecerá a petición propia no Congreso este venres 9 de agosto para informar sobre o accidente do tren Alvia Madrid-Ferrol rexistrado o pasado mércores 24 de xullo nas proximidades de Santiago. Ana Pastor responderá as preguntas dos deputados un día despois de que o fagan os presidentes de Renfe e Adif, Julio Gómez-Pomar e Gonzalo Ferre. A orde do día elaborouse co fin de que se esclarezan as causas do accidente.

O esclarecemento do sucedido esixe que Ana Pastor, Julio Fernández-Pomar e Gonzalo Ferré contesten ás seguintes preguntas cuxas respostas son claves para entender os motivos da traxedia e como evitala no futuro:

1. Quen tomou a decisión de non instalar o sistema de seguridade ERTMS nos últimos 8 quilómetros da liña de velocidade alta Ourense-Santiago de Compostela? Por que na nota de prensa de adxudicación por 164 millóns de euros e na páxina web de Adif afírmase que o sistema ocupa toda a liña e non se advirte que se interrompe precisamente no tramo máis conflitivo?

Cantos tramos hai na rede ferroviaria nos que un tren se vexa obrigado a reducir en menos de 90 segundos dunha velocidade permitida de 200 quilómetros por hora, a outra limitada a 80, como ocorre na estación de Santiago?

2. Cantos tramos hai na rede ferroviaria española nos que un tren se vexa obrigado a reducir en menos de 90 segundos dunha velocidade permitida de 200 quilómetros por hora, a outra limitada a 80 quilómetros por hora, como ocorre na estación de Santiago? Nalgún outro punto da rede esta redución déixase en mans do maquinista e dunha folla de ruta sen ningún outro sistema de freado automático?

3. No tramo fatídico é certo que cando se produciu o accidente había unha baliza a catro quilómetros da curva do sinistro simplemente de aviso de redución de velocidade e non existía ningunha baliza intermedia para o freado automático do tren?

4. Cal é a razón de que despois da baliza situada a catro quilómetros da curva, a seguinte estea a 150 metros da curva e polo tanto sen tempo para o freado automático?

5. Tanto a ministra coma os dous presidentes aseguraron que a responsabilidade do accidente debía recaer no maquinista porque “era o único que podía parar o tren”, cando unha semana despois informaron que se instalou unha baliza que obrigaría o tren a deterse sempre que superase a velocidade permitida. Como se explica este cambio?

A colocación desa baliza entre as dúas existentes a catro quilómetros e 150 metros da curva onde se produciu o descarrilamento frearía automaticamente o tren? É certo que esa baliza custa menos de 6.000 euros?

6. A colocación desa baliza entre as dúas existentes a catro quilómetros e 150 metros da curva onde se produciu o descarrilamento frearía automaticamente o tren? É certo que esa baliza custa menos de 6.000 euros? Quen é o responsable de recibir o sistema de seguridade dese tramo?

7. Cales foron os compromisos de seguridade que se pactaron co colectivo de condutores de Renfe en 2002 cando se decidiu establecer o maquinista único en todos os trens que circulasen por liñas equipadas con ASFA dixital ou seguridade superior?

8. Seguro que ningún do tres, a ministra e os dous presidentes, sabe quen filtrou en menos de 12 horas a distintos medios e soportes de Internet o vídeo da cámara de seguridade de Adif onde se ve a secuencia completa do descarrilamento do Alvia. Cando teremos información fiable da investigación que se puxo en marcha?

9. Cales son as razóns técnicas polas que o tren sinistrado e outros que circulan pola liña non son capaces de utilizar o sistema de seguridade ERMTS? É certo que os equipos embarcados nos trens non se entenden cos equipos instalados na vía porque son de diferentes fabricantes, un de Bombardier e outro de Thales, Dimetronic e Cobra?

Cales son as razóns técnicas polas que o tren sinistrado e outros que circulan pola liña non son capaces de utilizar o sistema de seguridade ERMTS?

10. Tendo en conta que o equipamento de seguridade non chegou a estar en ningún momento en correcto funcionamento, as multinacionais subministradoras cobraron as cantidades orzadas na adxudicación do contrato? Foron penalizadas?

11. Como é posible que pesar de ter equipado parte da liña con ERTMS (un investimento de 164 millóns), os trens circulan só co sistema de ASFA dixital?

12. É certo que os trens Alvia tamén teñen problemas para ler os sinais de ERTMS no tramo da AVE entre Madrid e Valladolid?

13. É certo que a liña de alta velocidade Madrid-Alacante (inaugurada con présas como a de Galicia) circula unicamente con sistema de ASFA dixital e aínda non funciona o ERTMS?

Os enormes esforzos realizados polos órganos de prensa das empresas implicadas para convencer de que a liña era un tramo convencional, teñen algo que ver coas condicións impostas para presentarse ao concurso de alta velocidade de Brasil?

14. O enorme investimento realizado en ERTMS en España (3.240 millóns de euros) non foi suficiente como para habilitar un sistema de comunicacións interiores no tren e co postos de mando coma o dun teléfono móbil, cuxo uso segundo as versións oficiais foi determinante para que se producise a catástrofe. Solventarase esta situación?

15. Os enormes esforzos realizados polos órganos de prensa das empresas implicadas para convencer de que a liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago de Compostela non era tal, senón un tramo convencional, teñen algo que ver coas condicións impostas para presentarse ao concurso de alta velocidade de Brasil?

Por que na mesma noite do accidente, a única nota de prensa emitida desde Fomento, Renfe e Adif, afirmaba que o accidente ocorrera na liña de alta velocidade?

16. Se a liña non é de alta velocidade, por que o empeño de Adif e Fomento en presentala como tal desde a súa inauguración? Por que na mesma noite do accidente, a única nota de prensa emitida desde Fomento, Renfe e Adif, afirmaba que o accidente ocorrera na liña de alta velocidade?

17. O presidente de Renfe afirmou que a liña do accidente era tan segura como o resto da rede. Cabe entón a posibilidade de que se repita este tipo de accidentes?

18. O investimento nesta liña de 87 km. foi de 3.300 millóns de euros. Está xustificado este investimento polo número de viaxeiros que transporta? É certo que España é o país europeo con máis quilómetros de liñas de alta velocidade e a pesar diso o que transporta un número inferior de viaxeiros? Vai reformular Fomento a súa política de extensión indiscriminada da rede de alta velocidade?

É certo que España é o país europeo con máis quilómetros de liñas de alta velocidade e a pesar diso o que transporta un número inferior de viaxeiros?

19. Vaise deseñar unha política de revisión e redeseño dos sistemas de seguridade? En que termos?

20. Cando pasaron dúas semanas desde a traxedia cren que aos deseñadores da liña Ourense-Santiago de Compostela, ao seu propietario, ás empresas subministradoras, así como á compañía explotadora do servizo lles cabe algunha responsabilidade no sinistro?. No caso de que así fose, están dispostos a recoñecelo ante as familias dos 79 falecidos, os 150 feridos e a opinión pública española?

Restos do tren accidentado CC-BY contandoestrelas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.