Manuel Fraga recibía en persoa doazóns para financiar o PP de maneira ilegal
Exercía de recadador con empresarios e particulares. Naseiro gardou copia dun cheque de medio millón de pesetas a nome do ex presidente da Xunta e o seu ingreso nunha conta dos populares para demostrar que a alta dirección non só permitía senón que actuaba no financiamento irregular
O PP financiou ilegalmente a primeira campaña de Fraga en Galicia
O Partido Popular achegou cando menos 500 millóns de pesetas desde Madrid ao PPdeG para os actos de 1989, ano da primeira vitoria de Fraga no país, segundo os papeis de Naseiro. Gastou o dobre do límite imposto polo Estado, de 235 millóns, e o partido declarou que só investira 199.
O PP de Fraga e de Aznar repartiu sobresoldos, pagou en negro e defraudou a Seguridade Social
O partido repartía soldos extras ilegais entre os seus dirixentes mentres mantia moitos dos seus traballadores sen cotizar. A formación recoñece todo tipo de prácticas irregulares nunhas auditorías internas que encargou Rosendo Naseiro.
Adif líbrase do caso Alvia coa rede de seguridade do AVE aínda en problemas
Novos erros no ERTMS impiden o seu uso nunha das dúas liñas nas que estaba operativo. As adxudicatarias impugnan dous novos concursos, un deles o do tramo Olmedo-Ourense.
A seguridade do Alvia segue sen funcionar dez meses despois do accidente de Angrois
As empresas Bombardier e Thales din que os seus equipos ERTMS en Galicia, polos que cobraron 164 millóns, "funcionan" pero que Renfe e Adif deron orde de non utilizalos. Os colectivos de maquinistas explican que a combinación destes dispositivos e dos embarcados nos trens "tende a dar problemas".
O Estado condena a Galicia a un AVE de segunda categoría
Adif saca a concurso a electrificación e sinalización de varias liñas que confirman que o tren circulará por varios tramos da Península a menor velocidade e, nalgúns casos, en vía única.
O risco dos residuos da enerxía eólica
Unhas 18.000 toneladas de restos eólicos e preto de 2.000 pas inutilizadas carecen dun correcto tratamento no Estado. Tan só o 10% destes refugallos perigosos e que aumentan o perigo de incendios son tratados. O resto almacénase en depósitos alegais, a maioría en Galicia.
UE e patronal exixen instaurar a peaxe nas autovías agora gratuítas
Bruxelas e as construtoras presionan a Fomento para que aproveite o rescate das autoestradas para impor a peaxe en toda a rede de autovías de balde. En Galicia, o 43% da rede de alta capacidade xa é de pago, fronte ao 25% a nivel estatal.
O Ministerio de Defensa gasta este ano un 24% máis do orzamentado
A contía inicial dos cartos destinados ao Exeŕcito incrementouse con dous créditos, a maioría para armamento, e xa supera os 7.000 millóns de euros
As 20 preguntas que deben responder os responsables de Fomento, Adif e Renfe sobre o accidente
Os presidentes de Renfe e Adif, Julio Gómez-Pomar e Gonzalo Ferre, comparecerán este xoves no Congreso. A ministra de Fomento, Ana Pastor, farao o venres. Cada día aumentan las incógnitas sobre o sinistro.
ERTMS en España: unha torre de Babel ferroviaria con problemas de comunicación
Seis multinacionais repartíronse ese investimento de Renfe e Adif, e mantéñense as dificultades para que os seus equipos sexan compatibles entre si nos 1.786 quilómetros instalados
O sistema Ertms entre Ourense e Santiago custou 164 millóns e non se utiliza
Entregouse en 2011, aínda que o proxecto deixaba fóra os últimos 7,5 quilómetros ata Compostela, tramo onde se produciu o sinistro. O presidente de Adif recoñece que o accidente teríase evitado con ese sistema de seguridade.