Aznar di que Rajoy era o segundo prato

Aznar e Joan Rosell, nun curso de FAES © Fundación FAES

O expresidente do Goberno José María Aznar explica no primeiro volume da súa autobiografía Memorias I (Planeta), que se presentará o próximo 26 de novembro en Madrid, algunhas das súas decisións máis controvertidas durante o seu oito anos de Goberno (1996-2004). Entre elas, a designación do seu sucesor á fronte do Partido Popular.

Aínda que sinala que a elección de Mariano Rajoy como o seu sucesor foi “polo interese de España”, recoñece que barallou outros nomes como Rodrigo Rato e Mayor Oreja. De feito, Aznar dedica parte do prólogo, ao que tivo acceso a Axencia EFE, á súa relación e posterior distanciamento con Rato e así relata episodios de amizade entre ambos e como este lle pediu durante unha viaxe no nadal de 2000 que reconsiderase a súa decisión de non presentarse e despois expúxolle obxeccións concretas á súa candidatura para sucedelo.

No verán de 2003 Rato anuncioulle que cambiara de opinión e que agora si quería ser o candidato do PP ás eleccións previstas para marzo de 2004. "'Ti dixéchesme dúas veces que non'. E el respondeu: 'Pero agora dígoche que si'

Con todo, no verán de 2003 Rato anuncioulle que cambiara de opinión e que agora si quería ser o candidato do PP ás eleccións previstas para marzo de 2004. "'Ti dixéchesme dúas veces que non'. E el respondeu: 'Pero agora dígoche que si'. Non lle contestei nada. Só tomei nota", explica Aznar, quen engade que o día que lles anunciou que o sucesor sería Rajoy quixo ter un xesto de deferencia cara a Rato e este volveulle a dicir: "Pois agora querería".

A designación de Rajoy obrigou a Rato a reflexionar sobre o seu futuro e a refacer os seus plans, centrando todos os seus esforzos no FMI, un posto para o que Aznar pediu axuda para apoiar a candidatura do seu amigo a Bush, Chirac, Blair e Gerhard Schroeder. "Quizais por iso custoume comprender a posterior reacción de Rodrigo. Eu era consciente da súa decepción ante o desenlace da sucesión e sabía que, despois de tantos anos de amizade, a nosa relación xa non sería a mesma. Con todo, non esperaba que Rodrigo puxese unha distancia tan grande dende tan axiña", engade. Explica que a constatación de que se abriu unha "fenda" foi con motivo da primeira visita que Rato realizou a España como director xerente do FMI e na que citou unha ampla representación do mundo político e económico español. "A min non me chamou", lamenta o expresidente do Goberno.

A súa intención coa elección de Rajoy, segundo sinala, era proporcionarlle ao Goberno "certa continuidade política, con tranquilidade e sen sobresaltos" e "neutralizar o ataque da esquerda e dos nacionalismos"

Tras explicar que a relación con Mayor Oreja foi máis fácil e que este era consciente de que tiña menos posibilidades, Aznar enxalza as virtudes de Rajoy, aínda que recoñece que é menos amigo seu e que nos anos que traballaron xuntos ningún descolgou o teléfono para dicirlle ao outro "imos o sábado a cear".
Con todo, esa falta de proximidade persoal non afectaba en nada á valoración de Aznar sobre a súa capacidade política xa que a súa intención coa elección de Rajoy, segundo sinala, era proporcionarlle ao Goberno "certa continuidade política, con tranquilidade e sen sobresaltos" e "neutralizar o ataque da esquerda e dos nacionalismos contra o entón previsible terceiro mandato do PP". Nun contexto no que, argumenta, “Pasqual Maragall non buscaba un bo acordo para Catalunya” senón a "confrontación co PP e a súa exclusión da vida pública", pensou que a personalidade de Rajoy era "a máis adecuada". "Se pensara que Rato ía administrar mellor o desafío do nacionalismo, teríao proposto", matiza.

Por outra banda, revela que só unha vez se expuxo a posibilidade de propor a alguén da nova xeración -antes das eleccións municipais e autonómicas de 2003- e que lle informaron de que Rajoy e Rato chegaran a un "acordo" para que no caso de que o elixido fose un deles aceptalo, pero que se finalmente resultaba ser calquera dos máis novos "tentarían pecharlle o paso".

Rajoy e Rato chegaran a un "acordo" para que no caso de que o elixido fose un deles aceptalo, pero que se finalmente resultaba ser calquera dos máis novos "tentarían pecharlle o paso"

Pero a decisión estaba tomada -o nome de Mariano Rajoy estaba escrito no seu caderno azul en novembro de 2002- e o 29 de agosto de 2003 citouno no seu despacho. Rajoy díxolle: "Presidente, prefiro que non me digas o que intúo que me vas a dicir" e, a continuación, agradeceulle que o fixera cinco veces ministro e vicepresidente do Goberno, e Aznar conta que lle contestou: "Grazas, pero voucho dicir. Creo que ti es a persoa adecuada".

Afirma tamén que houbo unha avaría "moi seria" no voo que o trasladaba á República Dominicana para asistir ao XII Cumio Iberoamericano e que chamou ao Rei para dicirlle que, "se ocorría algo", na carteira levaba un caderno azul no que estaba apuntado o nome da persoa que, ao seu xuízo, "debía facerse cargo da situación". "Non lle dixen nada máis. Coma se fose fácil atopar os restos dun caderno azul nun avión sinistrado", engade.

Aos outros dous candidatos, Rodrigo Rato e Jaime Mayor Oreja, expresoulles o seu aprecio e gratitude. Segundo Aznar, ambos aceptaron e sinalaron que colaborarían con Rajoy, aínda que a súa resposta "levaba aparellada una certa resignación", á vez que -subliña- xa naquel momento quixo deixar claro que se ía facer unha cesión completa" das súas responsabilidades e que, desde entón, o seu sucesor "debía facer as cousas ao seu aire, á súa maneira".

Houbo unha avaría "moi seria" no voo que o trasladaba á República Dominicana para asistir ao XII Cumio Iberoamericano e que chamou ao Rei para dicirlle que, "se ocorría algo", na carteira levaba un caderno azul no que estaba apuntado o nome da persoa

"Tes toda a liberdade para tomar as decisións que teñas que tomar. Cando o consideres necesario, chámasme. E se non o consideras necesario, non me chamas", díxolle entón Aznar a Rajoy, a quen insiste en que non lle suxeriu nin un só nome do seu equipo. "Mariano puido actuar con total liberdade e así o fixo", precisa. Para o expresidente do Goberno, "a operación saíu ben" e sairía "perfectamente se non fose polos atentados do 11 de marzo de 2004".

O expresidente asegura que a decisión máis difícil que tomou na súa vida foi manter o seu compromiso de non presentarse a un terceiro mandato. Sinala que foi a convicción “de contribuír ao fortalecemento das institucións democráticas e de evitar a tentación de aferrarse ao cargo” o que o levou a non presentarse ás eleccións de 2004.

Aznar e Joan Rosell, nun curso de FAES © Fundación FAES

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.