Besteiro pide primarias para elixir o secretario xeral do PSdeG

O socialista Gómez Besteiro preside a Deputación de Lugo CC-BY-NC-SA PSdeG

O secretario provincial do PSdeG de Lugo e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este sábado no comité provincial do seu partido a celebración de primarias para elixir o secretario xeral do PSdeG-PSOE. Durante o seu discurso Besteiro apostou por "cambios" e dixo que "o secretario xeral probablemente teña que ser elixido co voto dos militantes, ou non, pero logo cando haxa primarias e haxa bicefalias, sexamos conscientes diso. A miña opinión é que o secretario xeral sexa elixido por primarias". E concluíu: "se imos elixir os candidatos en primarias, démosles a mesma lexitimidade e logo asumamos responsablemente que tan lexítimo é que haxa un secretario xeral, como que haxa un candidato que non sexa o secretario xeral".

Besteiro chamou a facer "autocrítica", cun recoñecemento "claro e sen paliativos" dos malos resultados nas eleccións autonómicas e "non exento de culpa por parte de todos".  Ao seu xuízo, "a gran forza contra o PSOE nestas eleccións foi, sen dúbida a abstención" e chamou a debater por que se produce a actual perda de credibilidade dos partidos

O socialista Gómez Besteiro preside a Deputación de Lugo CC-BY-NC-SA PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.